Galicia Vigo al minuto

O alcalde do Porriño e técnicos da Xunta abordan a mellora das rúas Progreso e Bos Aires

Son dúas as máis transitadas do concello

O alcalde do Porriño e técnicos da Xunta abordan a mellora das rúas Progreso e Bos Aires

Concello e técnicos da Xunta abordaron a mellora de accesos ao centro urbano do Porriño. Trátase concretamente da Avenida de Bos Aires e da rúa Progreso, ambas de titularidade autonómica, nas que se analiza acometer melloras tanto do firme como das beirarrúas.

Proxecto de acondicionamento

Así, técnicos da consellería de Infraestruturas visitaron esta semana a zona acompañados polo alcalde, Alejandro Lorenzo, para valorar o estado no que se atopa e poideron comprobar as deficiencias existentes co fin de elaborar un proxecto de acondicionamento e mellora destes viais.

O alclade do Porriño coa concelleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez

Principais accesos ao casco urbano

“Trátase de dúas rúas moi transitadas que necesitan dunha intervención urxente, pois falamos dun dos accesos principais ao centro urbano”, explicou Lorenzo. “Contamos co compromiso firme da Xunta para esta e outras intervencións noutros viais de titularidade autonómica no noso municipio, tal e como nos confirmou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Plan de Mellora de Beirarrúas

O alcalde apunta que as melloras nos viais do municipio non se limitarán a estas zonas. “Para iso elaboramos un plan de melloradas beirarrúas e viais que permitirá un acondicionamento integral dos espazos urbano do municipio”, concluíu o rexedor, “Unha planificación viable que inclúe varias actuacións a curto e medio prazo moi reclamadas pola veciñanza, tanto no centro urbano como nas parroquias”.

También te puede interesar