RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

Pese ao anuncio do alcalde, as salas de Vigosónico seguen pechadas

Acusan a Abel Caballero de «oportunismo»

Pese ao anuncio do alcalde, as salas de Vigosónico seguen pechadas

A pesar de que o alcalde comprometeuse primeiro a abrir as salas de ensaio de Vigosónico o día 25 de febreiro, e poucos días antes desta data mudou a promesa a «finales de febrero, principios de marzo», as bandas de Vigo seguen sen saber nada do día de apertura nin das condicións das salas de ensaio municipais.

Grupos de Vigo en Loita

Dende Grupos de Vigo en Loita, o colectivo que abrangue ás bandas de Vigo que pulan pola reapertura do espazo, xa viñan denunciando nas últimas semanas a «nula información dada polo Concello» ao respecto alén de compromisos verbais e nos medios que, como xa advertiran dende o colectivo, resultaron incumpridos.

Un curso para empresas

Pórén, as instalacións de Vigosónico xa están abertas, pero non para desenvolver a función que os grupos vigueses demandaban, senón para un curso orientado a empresas dado pola Fundación Paideia de Sandra Ortega.

«Oportunismo do Concello»

Grupos de Vigo en Loita denuncia «o oportunismo do Concello, que optou por facer o curso nas instalacións de Vigosónico para responder ao clamor popular por reabrilas, pero co mesmo interese nulo en poñer a funcionar as salas de ensaio públicas que leva tendo durante a última década».

O peche indefinido de Vigosónico en 2020 non foi senón a continuación de outros peches de salas de ensaio públicas, como as da Casa da Xuventude ou as de Súbete ao Castro, todas elas clausuradas por Caballero.

«Fondo descoñecemento por parte do Goberno local»

Por todo isto, varios membros da plataforma de grupos vigueses trasladouse a Vigosónico o día do comezo do curso para pendurar cartaces e faixas en protesta contra o que consideran un engano ás bandas da cidade.

Para Grupos de Vigo en Loita, «o curso da fundación Paideia non responde en absoluto aos intereses e necesidades dos grupos». Ademáis, apuntam dende este movemento, ,«amosa o fondo descoñecemento por parte do Goberno local da escena musical viguesa e en concreto das bandas que ensaiaban en Vigosónico.

Que se abran as salas inmediatamente

Por último, subliñan, «vai en detrimento de servizos necesarios coma as salas de ensaio ou a participación de bandas locais nos concertos organizados polo Concello, ambas hoxe en día inexistentes».

O colectivo esixe que abran inmediatamente as salas de ensaio nas circunstancias previas ao peche, e que haxa unha información inmediata por parte do Concello tanto publicamente como persoalmente a todos os grupos usuarios, esixindo que os mesmos recuperen as condicións das que dispuñan previamente.

Anuncian que continuarán a protestar ata que estes obxectivos, aos que tanto o alcalde como a concelleira de Xuventude se comprometeron persoalmente, sexan cumpridos.

También te puede interesar