Comarcas Vigo al minuto

Nigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos para acoller a refuxiados ucraínos

Conta con 150 prazas, habitacións individuais, comedor e cociña industrial

Nigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos para acoller a refuxiados ucraínos

O Concello de Nigrán ofrecerá a Residencia de Tempo Libre de Patos aos refuxiados ucraínos, respondendo así á petición da Federación Galega de Municipios e Provincias, que pediu ás localidades que cedan espazos para a acollida de familias deste país.

Un “fogar idóneo”

No caso de Nigrán, o goberno local considera a residencia de Patos como “un fogar idóneo”, xa que é unha instalación que só ten actividade de xuño a setembro, dispón de camas, cuartos individuais, cociña industrial e comedor. Este mesmo lugar foi proposto polo Concello na guerra de Siria e Afganistán sen que finalmente a Xunta se decidise a darlle ese uso.

150 prazas

“Cumpre con todos os requerimentos que necesitaría un fogar de acollida”, indica o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Juan González incide en que é unha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas e cuartos individuales de 2 e 3 camas.

Infrautilizado pola Xunta

“Trátase dun lugar que, precisamente, está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona. Está pechado a maior parte do ano; tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación”.

O alcalde está seguro de que “sería unha ocasión marabillosa para darlle unha utilidade verdadeiramente social e solitaria. Estariamos moi orgullosos de que Nigrán puidese colaborar desta maneira nesta crise humanitaria“.

“Desde Nigrán temos sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha”, conclúe o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

También te puede interesar