RGPD - Cookies
Galicia

O Parque Natural de Corrubedo, escenario do primeiro curso de iniciación ao naturismo

Esta vindeira fin de semana

O Parque Natural de Corrubedo, escenario do primeiro curso de iniciación ao naturismo

O Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán será o escenario práctico do primeiro curso de iniciación do naturalismo, que organiza o Colexio Oficial de Biólogos e no que colabora a Consellería de Medio Ambiente.


Gratuito e aberto ao público

Trátase dunha actividade gratuíta, aberta o público en xeral e que contará unha parte teórica, de 7 horas de duración, e outra práctica, que se desenvolverá no parque de Corrubedo, o domingo 13 de marzo.

Observación da natureza

Os interesados en participar nesta actividade accederán a coñecementos sobre a observación da natureza, no só sobre os materiais e equipo básicos necesarios, senón tamén sobre os trazos de campo a considerar para identificar as especies de fauna e flora.

Así mesmo, se lle informará e formará nas distintas as aplicacións existentes sobre esta materia e sistema para o rexistro da información recollida nas saídas de campo.

Teórica e práctica

A parte teórica celebrarase o 12 de marzo no Centro cultural Lustres Rivas, no concello de Ribeira, e ao día seguinte, o domingo, os participantes desprazaranse ata Corrubedo coa finalidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos na xornada anterior.

Inscrición

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa e de educación ambiental deben enviar un correo electrónico, con seus datos persoais e de contacto, a: [email protected].

También te puede interesar