Vigo al minuto

Vigo deixou sen gastar 365.000€ de partidas destinadas a axudas sociais

O BNG pide que se mobilicen recursos para protexer aos máis vulnerables

O BNG de Vigo denuncia que o Concello executou "cero euros" de axudas sociais

O Bloque Nacionalista Galego denunciou que o Concello de Vigo deixou sen executar 365.000€ das partidas destinadas a axudas sociais no ano 2021.

22.000 parados e 60.000 veciños en risco de exclusión

Dende o BNG reclamaron ao Goberno municipal xustifique o motivo de ter aforrado en materia de política social cando a cidade atravesa unha situación de grave emerxencia social, con 22.000 persoas no desemprego, preto de 60.000 en risco de exclusión social e pobreza, segundo o índice Arope, e con máis da metade dos fogares vigueses atravesando moitas dificultades para chegar a fin de mes.

“Non atopamos ningunha explicación para que o Goberno municipal teña deixado de gastar 365.000 euros en partidas para axudas de emerxencia, de vivenda ou alimentación, cando millares de viguesas e vigueses teñen que acudir cada día a comedores sociais ou facer colas da fame en organizacións asistenciais”, criticou o concelleiro do Bloque.

Para Xabier P. Igrexas, “este nivel de inexecución nas partidas de política social poñen en entredito ese cacarexado compromiso social do goberno de Abel Caballero”, engadiu.

Parapeto’ social

Desde o BNG voltaron a insistir na necesidade de que o Concello de Vigo “que conta cun orzamento millonario” mobilice todos os recursos necesarios para se configurar nun “verdadeiro parapeto social” diante do crecemento exponencial do empobrecemento na cidade.

 “Vemos moitos anuncios e grandes titulares, pero as cifras evidencian un compromiso raquítico e insuficiente para protexer ás viguesas e vigueses máis vulnerábeis ou que atravesan dificultades sociais”, lamentou Igrexas.

También te puede interesar