Vigo al minuto

Marea de Vigo pide ao Concello reforzar os servizos sociais ante a crise pola guerra en Ucraína

Advirte do impacto na poboación máis vulnerable

Demoras de ata catro semanas para ser atendido polos Servizos Sociais do Concello

Marea de Vigo alerta do impacto que pode ter na economía dos vigueses a situación de conflicto en Ucraína, dende o evidente aumento do prezo da enerxía, ate impactos en sectores como o da automoción, “que vivia un aumento das exportacións a Rusia moi determinante nos últimos anos“.

Da automoción á pèsca

A concelleira Oriana Méndez apunta a que “Vigo é tamén parte dunha economía global, e temos sectores económicos moi internacionalizados e cunha dependencia evidente do prezo das fontes enerxéticas. Esa dependencia abrangue dende o sector pesqueiro ata o sector da automoción”, que poden sufrir unha situación de crise e polo tanto de merma de emprego cunha “incidencia notoria na economía da cidade” engade.

Aumentar o “escudo social”

Como previsión, Marea de Vigo considera que a administración local “pode e debe facer un esforzo en aumentar o escudo social para que as familias máis vulnerables da cidade teñan garantido cobertura que evite situacións de cronificación da pobreza“.

Por iso, indica a concelleira pide, tal e como xa ten expresado no debate dos Orzamentos para 2022 así como no recente uso de 45 millóns de euros do remanente por parte do Concello, “unha centralidade do relacionado con gasto social fronte a investimentos orzamentais”.

Caída do gasto social

Marea de Vigo pide emendar o feito da “incomprensible” redución do importe ligado a programas de servizos sociais e promoción social que figuran no Orzamento de 2022.

“O orzamento non pode seguir a consignar unha redución do gasto social por habitante” tendo pasado dos 19.438.000 euros presentes no orzamento de 2021 (65,5 euros de gasto social por habitante) aos 19.268.714 (64,9 euros por habitante). “Unha merma evidente de recursos consignados a estas partidas e que afastan máis a Vigo da recomendación dos profesionais dos servizos sociais de que se consignen 100 euros por habitante afirma Méndez.

Baixadas das axudas a alugueiro, alimentos e consumo enerxético

Ao xuizo da Marea de Vigo, a escusa da existencia de maior número de persoas perceptoras do novo Ingreso Mínimo Vital, “non xustifica que se retraian partidas como por exemplo nas axudas a alugueiro, vivenda, alimento e consumo enerxético, e, agora, cunha inflacción galopante e coas incertezas económicas que se abren non queda outra que garantir máis recursos dende o local pero tamén dende o gasto social da Xunta de Galicia que xestiona 1 de cada 4 euros de gasto social orzamentado en Galicia” conclúe a concelleira.

También te puede interesar