Comarcas Vigo al minuto

Redondela restaura a ‘Pantalla de Cesantes’

Seguindo criterios técnicos e conservando o seu estado orixinal

Redondela restaura a 'Pantalla de Cesantes'

A Pantalla’ de Cesantes, un elemento estreitamente vinculado a esta parroquia, vén de ser obxecto de traballos de restauración e recuperación por parte da Concellería de Patrimonio.

Seguindo estritos criterios técnicos

Pese a que este elemento non estaba recollido nas nas Norma Subsidiarias de Planeamento de Redondela nin no Plan Básico autonómico de elementos patrimoniais, o Concello solicitou un informe a Patrimonio para que, a recuperación de ‘A Pantalla’ se fixera seguindo estritos criterios técnicos que protexeran este elemento singular.

Patrimonio de Redondela

Digna Rivas, lembrou que a recuperación de ‘A Pantalla’ “non é un traballo illado, senón que forma parte dun proxecto de posta en valor do patrimonio do municipio”. Cómpre subliñar que ao abeiro deste programa recuperouse o Cemiterio de Eidos, “sumido no máis absoluto dos abandonos” e restauráronse a Fonte da Raíña e a Fonte de Santiago, entre outras moitas actuacións.

Mal estado de conservación

O estado de ‘A Pantalla’ distaba moito de ser bo xa que os técnicos apreciaron “mal estado de conservación con grafitis e a presenza de liques” polo que informaban favorablemente sobre a limpeza e restauración do mesmo seguindo os procesos que se aplica a calquera ben patrimonial.

Demolición do muro

Os traballos comezaron pola demolición do muro de fábrica de bloque contiguo; limpeza e rexuntado da mampostería e limpeza dos graffitis para, de seguido, proceder á aplicación de tratamento biocida e hidrofugante e de barreira protectora reversible antigraffitis.

Conservar o aspecto orixinal

Para protexer ‘A Pantalla’ a limpeza fíxose manualmente e non utilizando, en ningún caso, técnicas como o chorreo de area ou auga a alta presión. Para conservar o seu aspecto orixinal, e seguindo as recomendacións de Patrimonio, non se empregaron morteiros de cemento optando só polos tradicionais a base de cal ou ben de cal e arxila.

También te puede interesar