Comarcas Vigo al minuto

Redondela restaura a ‘Pantalla de Cesantes’

Seguindo criterios técnicos e conservando o seu estado orixinal

A Pantalla’ de Cesantes, un elemento estreitamente vinculado a esta parroquia, vén de ser obxecto de traballos de restauración e recuperación por parte da Concellería de Patrimonio.

Seguindo estritos criterios técnicos

Pese a que este elemento non estaba recollido nas nas Norma Subsidiarias de Planeamento de Redondela nin no Plan Básico autonómico de elementos patrimoniais, o Concello solicitou un informe a Patrimonio para que, a recuperación de ‘A Pantalla’ se fixera seguindo estritos criterios técnicos que protexeran este elemento singular.

Patrimonio de Redondela

Digna Rivas, lembrou que a recuperación de ‘A Pantalla’ «non é un traballo illado, senón que forma parte dun proxecto de posta en valor do patrimonio do municipio». Cómpre subliñar que ao abeiro deste programa recuperouse o Cemiterio de Eidos, «sumido no máis absoluto dos abandonos» e restauráronse a Fonte da Raíña e a Fonte de Santiago, entre outras moitas actuacións.

Mal estado de conservación

O estado de ‘A Pantalla’ distaba moito de ser bo xa que os técnicos apreciaron «mal estado de conservación con grafitis e a presenza de liques» polo que informaban favorablemente sobre a limpeza e restauración do mesmo seguindo os procesos que se aplica a calquera ben patrimonial.

Demolición do muro

Os traballos comezaron pola demolición do muro de fábrica de bloque contiguo; limpeza e rexuntado da mampostería e limpeza dos graffitis para, de seguido, proceder á aplicación de tratamento biocida e hidrofugante e de barreira protectora reversible antigraffitis.

Conservar o aspecto orixinal

Para protexer ‘A Pantalla’ a limpeza fíxose manualmente e non utilizando, en ningún caso, técnicas como o chorreo de area ou auga a alta presión. Para conservar o seu aspecto orixinal, e seguindo as recomendacións de Patrimonio, non se empregaron morteiros de cemento optando só polos tradicionais a base de cal ou ben de cal e arxila.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.