Galicia Vigo al minuto

O Concello de Redondela remata as obras de mellora do Camiño das Petadas, en Cesantes

Os traballos están incluídos dentro do plan integral de mellora da rede viaria

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela vén de dar por rematados os traballos de acondicionamento, mellora no drenaxe e pavimentación no Camiño das Petadas, na parroquia de Cesantes.

Trátase dunha obra incluída no plan integral de mellora da rede viaria municipal que desenvolve o Goberno que preside Digna Rivas.

Limpeza de beiravías e noiros

Para o desenvolvemento das obras fíxose preciso o traballo previo de limpeza de beiravías e noiros do camiño e o posterior varrido do firme existente para, posteriormente, realizar o rego de adherencia.

Unha vez realizados os traballos previos, procedeuse ao asfaltado da capa de rodadura con aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor final e a súa compactación con medios mecánicos nunha superficie total de 584 metros cadrados.

Finalmente, realizáronse pequenas obras de fábrica e drenaxes necesarias para a conservación do camiño e a instalación de tres tapas de rexistro.

Os traballos realizados buscaban a mellora, non só da accesibilidade ás vivendas situadas na contorna, senón da seguridade tanto da circulación rodada como peonil.

También te puede interesar