Comarcas Vigo al minuto

A Deputación aproba axudas que permitirán contratar a 320 persoas en 18 concellos

Tamén financia proxectos en Forcarei, O Grove, Vilanova, Ponteareas e Salceda

A Deputación aproba axudas que permitirán contratar a 320 persoas en 18 concellos

A Deputación de Pontevedra ven de dar luz verde a 23 novas achegas do Plan Concellos, das liñas 1 e 3, coas que se realizarán “inversións para transformar os concellos e, por outra banda, financiar a contratación de ata a 320 persoas“.

3,7 millóns de euros

Deste xeito, a Deputación fará chegar case 3,7 millóns euros a O Grove, Forcarei, Ponteareas, Salceda, Vilanova de Arousa, As Neves, Baiona, Caldas de Reis, Cangas, Crecente, Gondomar, A Illa de Arousa, Marín, Moaña, Mondariz, Nigrán, O Porriño, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Tomiño e Vilaboa.

Plan ReacPon, 800.000 euros

No marco da liña 1 de Investimentos a institución provincial aprobou case 800.000€ para sufragar a aportación municipal de Forcarei, O Grove, Vilanova, Ponteareas e Salceda aos proxectos do Plan ReacPon, “obras que así van a ser financiadas ao 100% pola Deputación”, sinalou a presidenta Carmela Silva.

Forcarei, O Grove, Vilanova, Ponteareas e Salceda

Así, aprobáronse para Forcarei 73.060€ para o proxecto de reforma da Casa da Xuventude para usos múltiples, 276.520€ para O Grove para a humanización da rúa Alexandre Bóveda e 63.620€ para Vilanova que servirán para financiar o acondicionamento dun baixo para arquivo municipal.

Ademais, para Ponteareas foron aprobados 240.880€ para o camiño escolar seguro ao CEIP Ramiro Sabell, e para Salceda outros 134.730€ para financiar a a reforma integral para o centro cívico do centro social da Devesa.

2,9 millóns para emprego

Doutra banda, a Xunta de Goberno deu luz verde a 18 achegas da liña 3 de Emprego por valor de preto de 2,9 millóns de euros para que os concellos poidan financiar a contratación de 320 persoas de perfís moi variados como auxiliares administrativos, operarias ou operarios de servizos múltiples ou conserxes.

Comarcas do Deza e do Salnés

As achegas da liña 3 chegarán á comarca do Deza onde o concello de Forcarei contratará a 10 persoas con 125.630€ e Rodeiro terá 116.920€ cos que contratará a 16 traballadores/as.

Para a comarca do Salnés foron aprobados 96.525€ que irán a parar á Illa de Arousa para contratar a 10 persoas.

Pontevedra

Na comarca de Pontevedra os fondos provinciais chegarán a Caldas de Reis que contratará a 15 persoas cunha achega de 162.940€; a Marín cunha subvención de 119.900€ para contratar a 13 persoas e Vilaboa cunha achega de 111.700€ para contratar a 12 persoas.

O Morrazo

Do mesmo xeito, para a comarca do Morrazo foron aprobadas axudas que irán a Cangas, con 248.980€ para contratar a 26 persoas, e a Moaña, con 223.715€ para contratar a 24 persoas.

Baixo Miño

No Baixo Miño os fondos provinciais chegarán a Tomiño para contratar a 30 persoas cunha achega de 275.760€, e a 10 persoas en Gondomar cunha subvención de 117.225€.

Comarca de Vigo

Na comarca de Vigo 206.900€ favorecerán a contratación de 17 persoas en Baiona; 225.200€ para Nigrán con 24
traballadoras/es
; outros 226.430€ cos que o concello do Porriño contratará a 43 persoas; e 139.130€ que servirán para contratar a 15 persoas en Salceda.

O Condado-Paradanta

Do mesmo xeito, foron aprobados recursos da Deputación para O Condado-Paradanta cunha achega para As Neves por valor de 120.250€ para a contratación de 13 traballadores/as; a Crecente irán destinados 68.120€ para contratar a 10 persoas traballadoras.

Tamén contarán con subvencións Mondariz, 111.280€ para contratar a 12 persoas, e Salvaterra, 172.550€ para realizar 20 contratos.

También te puede interesar