Galicia Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Galicia prorroga a esixencia do ‘certificado Covid’

Ata o vindeiro día 26

Galicia dice 'adiós' al certificado COVID

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prorrogar en toda a comunidade, ata o próximo 26 de febreiro, a esixencia de presentar o certificado COVID-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para desenvolver unha serie de actividades.

Os maxistrados consideran que é necesario ampliar a vixencia da medida debido á situación epidemiolóxica de Galicia e á existencia de risco de transmisión do virus.

Obligatorio

Por tanto, o documento seguirá sendo requirido para entrar nos locais de hostalería e de lecer nocturno; así como para acceder ás residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional; a instalacións pechadas nas que se practique actividade física e deportiva non federada; a piscinas cubertas; albergues turísticos e a eventos multitudinarios ou a aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o consumo no seu interior.

Este certificado tamén continuará esixíndose ás visitas dos pacientes ingresados en hospitais.

“O virus continúa tendo unha elevada circulación”

No auto, contra o que cabe recurso, o TSXG conclúe que se mantén o xuízo de “idoneidade, necesidade e proporcionalidade” da medida, pois os valores que mostra o estudo técnico achegado pola Consellería de Sanidade “seguen sendo elevados, o que indica que o virus continúa tendo unha elevada circulación”.

También te puede interesar