Cultura Destacados

Marea de Vigo pide que a Alameda da Praza de Compostela sexa Ben de Interese Cultural

Lembra as denuncias dos ecoloxistas polo coidado deste espazo

Marea de Vigo vén de comprobar a ausencia da Alameda da Praza de Compostela no rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC) da Xunta. A xuízo da concelleira Oriana Méndez, o Concello ten que iniciar diante da administración galega, a tramitación do proceso para aumentar o grao de proteción desta zona.

Este é este «un dos xardíns máis antigos da cidade, de finais do século XIX, o que fai que a súa ausencia coma BIC sexa canto menos sorprendente» apunta a concelleira.

Denuncias de asociacións ecoloxistas e veciñais

Marea de Vigo súmase unha vez máis as denuncias feitas por asociacións ecoloxistas e veciñais con respecto ao coidado deste espazo, «que é preciso protexer para evitar os destrozos producidos tanto pola instalación de elementos durante o Nadal coma polo uso que se fixo do espazo» – sinala Oriana Méndez -. «O Nadal debe ser compatible co coidado do noso patrimonio cultural e natural, e estamos a tempo de facer que o vindeiro Nadal sexa respectuoso co noso entorno».

Plan de Infraestruturas Verdes e Biodiversidade

Marea de Vigo lembra ademais que no tempo de suxestións ao novo Plan Xeral (PXOM), solicitou a concreción dun Plan de Infraestruturas Verdes e Biodiversidade. Entende que o mesmo permitiría unha planificación global para a protección e potenciación do patrimonio natural e a biodiversidade de Vigo.

Esta «suxestión que foi totalmente ignorada polo Goberno local» – engade a concelleira -. Oriana Méndez apunta a que o Concello debe impulsar a conservación do patrimonio verde e por iso esiximos que solicite de xeito inmediato á Xunta a declaración da alameda da praza de Compostela como BIC».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.