Destacados Vigo al minuto

Tanxugueiras logrou o 70,7% do voto do público por 3,97% de Chanel

RTVE insiste en que non houbo «tongo»

Radiotelevisión Española (RTVE) difundiu o resultado, polo miudo, dos votos do xurado do Benidorm Fest, no que Tanxugueiras obtivo con ‘Terra’ o 70,75% dos votos do público xeral a través de chamadas e de mensaxes de texto.

Preto de 70 puntos máis que Chanel

As galegas estiveron casi catro veces máis apoio que Rigoberta Bandini, que conseguiu un 18,5%, e un 66,7% máis votos que ‘SloMo’, de Chanel, quen logrou o 3,97%, e gañou o certame polo apoio do ‘xurado profesional’.

53.000 chamadas e 94.000 mensaxes de apoio para as galegas

Das 53.623 chamadas realizada polo público, 41.620 deron o seu voto a Tanxugueiras e as cantantes galegas tamén recibiron máis de 94.000 mensaxes de apoio, coa mensaxe ‘Voto Tanxu’. A seguinte foi Rigoberta Bandini, con máis de 28.000.

Tamén gañaron no ‘voto demoscópico’

No que se refire ao ‘voto demoscópico’ -de 350 titulares e 83 suplentes- un 14,59% votaron por Tanxugueiras; un 13,88%, por Chanel; un 13,52% por Rigoberta Bandini; e un 12,62%, por Gonzalo Hermida.

No que se refire aos cinco membros do ‘xurado profesional’, un deles deulle ’10 puntos’ a Tanxugueiras quen recibiu só ‘2 puntos’ por parte doutro dos integrantes do mesmo.

Dende RTVE insisten en que non houbo «tongo»

Aínda á vista destes datos, a directora de Comunicación e Participación da televisión pública, María Eizaguirre, defendeu a «profesionalidade» e «independencia» da mesma. Tamén lembrou que «as normas eran claras, non hai dúas realidades, non hai denuncias, non hai impugnacións».

Eizaguirre subliñou que «o xurado actuou con liberdade» e negou que houbese «tongo».




Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.