RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Redondela contratará a 18 persoas sen emprego ao abeiro do Plan Concellos

Reforzarán varios servizos municipais

Redondela contratará a 18 persoas sen emprego ao abeiro do Plan Concellos

O Concello de Redondela contratará a un total de 18 persoas en situación de desemprego ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o que destinará un orzamento de 264 325,09 € dos que a Deputación de Pontevedra achegará 257 580,89€ mentres o Concello aportará os 6774,20 € restantes.

Tal e como apunta a alcaldesa Digna Rivas, as contratacións «non so supoñen un respiro económico para as persoas contratadas, senón que contribúen a reforzar os servizos que se prestan á veciñanza».

7 empregos cunha duración de 6 meses

En total, o Concello contratará a 1 traballador/a social, 3 guías turísticos e 3 axudantes de servizos de actuacións de electricidade. Estes 7 contratos terán unha duración de 6 meses a xornada completa.

E outros 11 por 5 meses e 3 semanas

Doutra banda, tamén se contratará a un total de 11 peóns forestais, a xornada completa, durante un tempo de 5,3 meses. A selección de persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego.

Programa de rozados e limpeza

Digna Rivas aclarou que a contratación das 11 persoas como peóns forestais, permitirá dar continuidade ao programa de rozados e limpeza de estradas e camiños municipais iniciado o pasado ano no que, por primeira vez «o Concello optou por contratar a persoas desempregadas para o desenvolvemento destas tarefas en lugar de optar pola contratación dunha empresa«.

A alcaldesa de Redondela, subliñou que a decisión adoptada, «non so foi dar unha saída as veciñas e veciños en situación de desemprego, senón que tamén supuxo unha mellora substancial na prestación do servizo de rozado, como quedou comprobado e así o recoñece a veciñanza».

También te puede interesar