Galicia Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Galicia ratifica a obligatoriedade do ‘pasaporte COVID’

Para entrar en locais de hostelería, ximnasios, albergues e hospitais

O Tribunal Superior de Galicia ratifica a obligatoriedade do 'pasaporte COVID'

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prorrogar en toda a comunidade, ata o próximo 12 de febreiro, a esixencia de presentar o pasaporte COVID-19 para acceder aos locais de hostalería e de lecer nocturno.

Tamén en ximnasios, piscinas, albergues ou hospitais

Este ‘pasaporte’, tamén é obrigatorio para ximnasios e piscinas cubertas; eventos multitudinarios; lugares nos que se venda comida e bebida e a albergues turísticos. Ademais, a documentación requerirase ás visitas dos doentes ingresados en hospitais e residencias.

Defender a saúde pública

A Sala destaca que esta medida se manterá “o tempo imprescindible para mellorar a situación epidemiolóxica de Galicia. Lembra que a mesma “se revisa diariamente e se somete semanalmente á consideración do comité clínico”.

Ademais, o alto tribunal salienta que o seu propósito é “defender a saúde pública malograda pola pandemia”. No auto, os maxistrados aseguran que a presentación do pasaporte COVID-19 permite o normal desenvolvemento de determinadas actividades en situacións nas que se aprecia un incremento de risco de contaxio, polas características peculiares de actividade, que deben controlarse, ou polas características de especial vulnerabilidade que concorren”.

A prevención “permite reducir o risco”

A idoneidade da medida, segundo explica o tribunal na resolución, non queda invalidada polo feito de que o pasaporte COVID-19 non elimine completamente os contaxios. Neste senso entende que os informes científicos avalan que esta medida preventiva “permite reducir o risco” de transmisión do virus.

También te puede interesar