RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

Máis de 292.000 persoas visitaron as Cíes o ano pasado

As illas terán unha nova cámara que amosará a cara norte

Ya puedes reservar tu billete para ir a Cíes en Semana Santa

292.532 persoas visitaron as Illas Cíes en 2021, segundo os datos da Xunta, dados a coñecer pola súa delegada en Vigo. Marta Fernández-Tapias, estivo no arquipiélago onde informou que o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que cumpre 20 anos, estreará nova páxina web, «máis visible e accesible», e incorporará unha webcam con visión á cara norte de Cíes.

Cara norte da illa

Segundo informou, unha terceira cámara sumarase á rede de MeteoGalicia no parque permitindo que os usuarios poidan ver imaxes en tempo real da cara norte da illa. As dúas cámaras actuais están instaladas na Praia de Rodas e na cara sur do faro.

Asemade, segundo sinalou, o servizo meteorolóxico da Xunta dispón de varias estacións meteorolóxicas e boias oceanográficas no arquipélago.

Nova web

En canto á nova páxina web que muda do dominio www.parquenacionalillasatlanticas.com ao novo www.illasatlanticas.gal , indicou que estará dispoñible previsiblemente a partir do vindeiro luns, día 31.

No New York Times

Fernández-Tapias  insistiu no «incalculable valor» do patrimonio natural Galicia, «clave para o medio ambiente e a biodiversidade» e un «importante recurso de turismo sostible».

«É xa unha das principais motivacións dos turistas para elixir Galicia como destino», afirmou. Ao fío recordou que as Illas Atlánticas de Galicia concentran seis das principais figuras de protección medioambiental que existen, o que lle valeu a súa inclusión entre os mellores destinos turísticos ambientais elixidos polo The New York Times.

Estritos esforzos de conservación

A delegada territorial gabou a labor constante por parte do persoal deste espazo, xestionado pola Xunta. Ademais salientou os «estritos esforzos de conservación», como son a limitación do número diario de visitantes para evitar o turismo masivo -450 persoas ao día na tempada de inverno e 2.400 na de verán-, ou as restricións fronte aos vehículos, establecementos hostaleiros e ruídos.

Coñecendo o Parque Nacional

Fernández-Tapias fixo balance do amplo abano de opcións que ofrecen as Illas Cíes, visitadas por 292.532 persoas en 2021. Entre elas citou Coñecendo o Parque Nacional, un programa didáctico dirixido aos centros escolares dos concellos do entorno e que abrangue os niveis de educación infantil, primaria e secundaria. Nel, máis de 500 nenos son premiados polos seus traballos cunha viaxe ás Cíes nos meses de maio e xuño.

Descubrindo o Parque Nacional

Outra das actividades ás que fixo referencia a delegada é Descubrindo o Parque Nacional, un programa divulgativo para coñecer, de man de monitores, os segredos que agocha o arquipélago. Dirixido tanto a veciños da contorna como a turistas e que arrancará a partir da Semana Santa.

Segundo dixo, «2.500 persoas coñeceron a illa a través deste programa en 2021«. Entre as rutas máis demandadas figuran Cíes: unha viaxe no tempo e As Cíes, a vista de paxaro.

Campos de voluntariado

Asemade, nos meses de verán organízanse campos de voluntariado, con 50 prazas dispoñibles en 4 quendas, e campamentos de voluntariado, organizados para maiores de 18 anos e nos que participan anualmente uns 350 mozos e mozas.

Así mesmo, durante todo o ano, unhas 50 persoas realizan nas Illas Cíes as súas prácticas e investigacións, poñendo o Parque a súa disposición aloxamento e guías en caso de necesitalo.

Actividades 2022

Entre as accións previstas para este 2022, detallou que se seguirá abundando na recuperación dos ecosistemas por invasión de especies foráneas. Tamén se traballará na avaliación do estado de conservación do medio mariño. Por último, na posta en valor e divulgación do patrimonio cultural e na posta a punto dos camiños e elementos de uso público.

Plantación de camariña

Como novidade, adiantou que se realizará unha produción de camariña (planta dunar) en viveiro «para ter exemplares de orixe propio e reforzar a zona de Muxieriro en Cíes«. A esta iniciativa súmanse accións de mitigación da contaminación lumínica e de mellora da capacidade de produción enerxética (campo solar).

A maiores, se manterán as actuacións de prevención e control de velutina e procesionaria; de instalación de caixas niño para morcegos e aves e de avaliación da poboación de bolboretas e coleópteros como bioindicadores da calidade dos ecosistemas. 

También te puede interesar