RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

A Deputación achega a 11 concellos axudas para contratar a 126 traballadores

Con cargo á Liña 3 de Emprego do Plan Concellos

A Deputación achega a 11 concellos axudas para contratar a 126 traballadores

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar un investimento de 1,6 millóns de euros en recursos do Plan Concellos 22-23, que beneficiarán a 11 municipios da provincia.

Deste xeito, deuse luz verde a un total de 12 achegas, entre elas 8 aprobadas no marco da Liña 3 de Emprego que permitirán a contratación dun total de 126 persoas nos concellos de Arbo, Catoira, A Guarda, Lalín, A Lama, Pazos de Borbén, Redondela e o Rosal.

«Promoción do emprego»

A elas hai que unir as da Liña 1 de Investimentos que beneficiarán a Catoira, A Cañiza e Ponte Caldelas, e a da Liña 2 de Amortización de débedas e pago de gastos correntes que recibirá Cangas.

Son axudas que, como subliñou a presidenta Carmela Silva, financiarán “a promoción do emprego para a prestación de servizos nos concellos, permitirán rehabilitar equipamentos e dotacións, a humanización de viarios provinciais que transcorren polo casco urbano dos concellos e servirán para facer fronte servizos tan importantes como o tratamento de residuos”.

“Non hai administración –afirmou- que estea a poñer tantos recursos a favor dos concellos para facer as grandes transformacións que precisamos”.

Catoira e A Cañiza

Catoira e A Cañiza recibirán achegas da Liña 1 para financiar a aportación que lles correspondía no marco dos seus proxectos do Plan Reacpon.

Así, A Cañiza percibirá 188.272,79€ para as obras de rehabilitación enerxética da piscina municipal e, deste xeito, o 100% da obra, presupostada en 689.048€, asumirao a Deputación.

E Catoira terá unha axuda de 67.397€ para financiar a rehabilitación da antiga Casa Consistorial para Casa das Artes. Neste caso o orzamento total do proxecto é de 449.248 € e tamén o financiará ao 100% pola institución provincial.

Ponte Caldelas

Por outra parte, Ponte Caldelas recibirá unha achega de 60.849€ tamén da Liña 1 para financiar a súa aportación ao convenio coa Deputación para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na EP-0407 Borela-Ponte Caldelas ao seu paso polo concello. O orzamento total da obra é de 255.624 euros e financiarao polo tanto ao 100% a institución
provincial.

Cangas

Doutra banda, cunha achega da Liña 2, o municipio de Cangas recibirá 78.625 € que destinará ao pago do servizo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

Arbo

Xa no marco da Liña 3 de Emprego, o Concello de Arbo terá unha achega de 96.174€ coa que poderá contratar a 13 persoas: 2 peóns mantedores de edificios; 2 peóns de horticultura-xardinería; 3 peóns forestais; 2 peóns de conservación de parques urbanos; 2 operarios de condución de vehículos e manexo de maquinaria agraria e 2
axudantes de tarefas de axuda no fogar en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses.

Catoira

No caso de Catoira, recibirá 93.373€ para contratar a 12 persoas, 10 peóns- operarios de servizos múltiples; 1 auxiliar/axudante de biblioteca e 1 auxiliar/axudante de museos en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses.

A Guarda

Para A Guarda foi aprobada unha achega de 130.917€, coa que poderá asumir a contratación de 14 persoas. Delas, 2 serán axudantes para o camión do lixo, 10 peóns limpadores; 1 conserxe e 1 animador sociocultural a xornada completa durante 6 meses.

Lalín

Por outra banda, para Lalín a contía é de 337.534 € coa que poderá contratar a 31 persoas. Serán 2 auxiliares de información turística; 3 auxiliares administrativos; 1 técnic de apoio ao departamento de persoal con titulación universitaria en Relacións Laborais e Recursos Humanos; 1 técnico de apoio ao comercio con titulación universitaria en Económicas/Empresa; 1 técnico de apoio ao departamento de contratación con titulación universitaria de Enxeñería Industrial; 2 arquitectos técnicos ou equivalentes; 1 auxiliar de arquivo; 1 oficial de 1ª condutor de camión; 1 oficial de 1ª condutor de pá retroexcavadora mixta; 2 oficiais de 1ª condutores de tractor desbrozadora; 6 peóns de obras públicas; 6 peóns albaneis e 4 peóns forestais a xornada completa 6 meses.

A Lama

E A Lama recibirá 96.120€ para financiar a contratación de 12 persoas: 3 operarios de movemento de terras e 1 auxiliar administrativo en xornada de 37,5 horas semanais durante 6 meses, así como 2 peóns operarios/as limpeza e 6 peóns forestais en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses.

Pazos de Borbén

Finalmente, Pazos de Borbén contará cunha achega de 89.360€ para contratar: 12 peóns de obras en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses.

Redondela

Redondela recibirá 257.580€ para contratar a 18 persoas: 1 traballador social; 3 guías turísticos e 3 axudantes de servizos actuacións de electricidade a xornada completa durante 6 meses; 11 peóns forestais a xornada completa durante 5,3 meses.

O Rosal

Por último, O Rosal terá unha achega de 129.978€ para contratar a 14 persoas: 5 oficiais de obras, 1 oficial electricista; 6 peóns de limpeza viaria e roza forestal; 1 operario de maquinaria forestal e 1 auxiliar de axuda no fogar a tempo completo durante 6 meses.

También te puede interesar