RGPD - Cookies
Comarcas

O Plan ReacPon da Deputación permitirá transformar a Picota, en Redondela

Conta cun orzamento de 850.000€

O Plan ReacPon da Deputación permitirá transformar a Picota, en Redondela

Redondela asumirá a transformación do espazo público na rúa da Picota, que integrará no seu trazado as prazas de Fonte do Mouro e da Capela de Santa Mariña. Creará. así, unha zona «continua, segura, accesible e onde
o tránsito peonil será protagonista»
.

Esta actuación será posible co Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, cuxo convenio asinaron hoxe a presidenta
provincial Carmela Silva e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

850.000 euros

O proxecto, que conta cun ambicioso orzamento de 850.000 euros, do que a Deputación achega 636.940 € e o Concello 212.313, recuperará así unha zona actualmente pensada para os coches e que con este proxecto se converterá nun punto de convivencia para as persoas.

«Moi potente»

Carmela Silva, sinalou a importancia deste proxecto “moi potente”, situado dentro do Camiño Portugués, “polo que non estamos a falar unicamente de recuperación do espazo público para as persoas, senón que forma parte dun itinerario primordial para a provincia, polo que circulan moitísimas persoas e debe estar nas mellores condicións”.

ReacPon

A presidenta lembrou que ReacPon obedece á necesidade de “fondos extraordinarios para financiar grandes actuacións que non poden ser asumidas co Plan Concellos”.

Un plan extraordinario, dotado de máis de 26 millóns de euros, con «criterios obxectivos que unicamente valora as cuestións técnicas dos proxectos presentados polos concellos».

También te puede interesar