Galicia Vigo al minuto

En marcha o proceso para construir as primeiras vivendas de promoción pública en Navia

O proxecto total contempla un total de 1.600

En marcha o proceso para construir as primeiras vivendas de promoción pública en Navia

O presidente do Insttituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a delegada da Xunta en Vigo, anunciaron hoxe a licitación, por un orzamento de 620.000 euros, da redacción dos proxectos para construír as primeiras 79 vivendas de promoción pública (VPP) da primeira fase da ampliación de San Paio de Navia.

1.600 vivendas en total

Damos así un paso máis na construción das 1.600 vivendas desta nova bolsa residencial na cidade de Vigo”, comentou Marta Fernández-Tapias. A delegada lembrou que, como adiantara vigoalminuto, a Xunta non agardara pola aprobación do proxecto de urbanización por parte do Concello, “co fin de avanzar no desenvolvemento deste primeiro ámbito con 733 vivendas previstas.

En febreiro, a licitación do primeiro dos tres polígonos

Así, unha vez rematada a adquisición de solo para a ampliación e redactados os tres proxectos de urbanización (266.820 m2), a Xunta licitará no vindeiro mes de febreiro, por un orzamento de 11 millóns de euros, as obras de urbanización do primeiro dos tres polígonos nos que se divide a ampliación de San Paio de Navia en Vigo.

Remitido en abril ao Concello

Segundo recordou Fernández-Tapias, o proxecto do polígono 1 foi remitido ao Concello no mes de abril de 2021 e na actualidade atendéronse todos os requirimentos esixidos. En relación cos polígonos 2 e 3, foron enviados para aprobación municipal en maio ao Concello.

A delegada territorial subliñou que o “non de Caballero é un non á vivenda de promoción pública, un non ao barrio de Navia, e un non unha inversión prevista de 250 millóns de euros en colaboración pública-privada”.

También te puede interesar