Galicia Vigo al minuto

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a compra de vivenda protexida

A cuantía pode chegar ata os 20.000 euros

A Xunta convoca axudas directas de ata 10.800€ para a compra de vivenda habitual

A Xunta ofrece axudas de ata 20.000 euros para adquirir unha vivenda protexida. Así o salientou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, esta mañá.

2 millóns de euros

En toda Galicia, outorgáronse un total de 40 subvencións por 450.000€ esgotándose o crédito previsto, “esta foi a principal razón que motivou á Xunta a facer unha nova convocatoria e a incrementar o orzamento ata os 2 millóns de euros, o que significa multiplicar por cinco o previsto na anterior anualidade”, subliñou a conselleira.

Aberto o prazo ata o 30 de setembro

Vázquez Mejuto lembrou que o prazo de solicitudes xa está aberto –desde o pasado sábado, día 22 de xaneiro e ata o 30 de setembro– e os beneficiarios poderán acceder a unha axuda equivalente ao 20% do custo do inmoble, cun límite de 20.000€ no caso de solicitantes menores de 35 anos e que compraran a súa vivenda nunha cidade.

Para o resto, o importe máximo dependerá da idade e da área xeográfica na que estea localizada. Así mesmo, destacou que todas aquelas persoas que en 2021 presentaran unha solicitude, e quedaran fóra por esgotamento de crédito, teñen dereito a presentala novamente.

También te puede interesar