Galicia Vigo al minuto

O alcalde do Porriño pon en marcha un plan de mellora de beirarrúas

Tamén actuará na renovación do firme

O alcalde do Porriño pon en marcha un plan de mellora de beirarrúas

O Concello do Porriño executará un ambicioso plan de obras para mellorar a accesibilidade das rúas do centro urbano. Alejandro Lorenzo, acompañado do edil de Vías e Obras, Ramón Porto, e a arquitecta municipal, visitaron a zona onde se proxectan as primeiras intervencións : serán seis rúas- Pinar, José Fernández López, Enrique Peinador, Doutor Paz Varela e Tranvía– e as obras consistirán na renovación das beirarrúas.

Tamén se acometerán melloras nas das rúas  Codesal e  Cruceiro,  onde se eliminarán os afundimentos existentes, e repararanse os bordos e baldosas rotos ou desprazados.

Ampliación e renovación do firme

Planéase tamén ampliar beirarrúas en varios tramos para mellorar o tránsito de peóns, conservando as árbores existentes e plantando algúns exemplares novos, e intervir en puntos nos que se detectaron barreiras arquitectónicas que limitan a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida.

A planificación do  concello inclúe tamén a renovación do firme de varios destes viais para adecuar, potenciar e acondicionar o que é un dos principais itinerarios peonís da vila.

Mellorar o tránsito dos peóns

Falamos dunha obra moi necesaria para o tránsito de peóns que ao mesmo tempo recuperará a estética dunha das zonas máis concorridas do Porriño”, explicou o alcalde,

Estas rúas dan acceso ao Centro de Saúde, ao instituto, aos colexios e a moitos servizos que cada día usan os porriñeses, ademais que contar coa maior densidade de poboación do centro urbano. É unha das principais arterias do municipio e debe ser accesible, habitable e  disfrutable”.

Lorenzo explicou que se trata só do primeiro dos proxectos de obra encargados dentro do plan de mellora da accesibilidade do centro urbano. “Somos conscientes de que non é o único punto do centro que presenta carencias neste sentido”, afirmou, “As necesidades que presenta Porriño son moitas e é necesario planificar as actuacións.  Desa maneira poderemos dar resposta a todas elas”.

También te puede interesar