Galicia Vigo al minuto

O Concello do Porriño actuará «con contundencia» ante os verquidos ilegais

Os cidadáns teñen un número para a recollida de entullos (665 571 555)

O Concello do Porriño actuará "con contundencia" ante os verquidos ilegais

Dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, advertiuse que o Concello do Porriño actuará «con contundencia» ante os verquidos ilegais que se están a detectar no municipio.

Accións ilegais

A concelleira amosou a súa preocupación polo aumento de depósitos de residuos en zonas non permitidas e recorda que se trata de acción ilegais que conlevan importantes sancións económicas.

Neumáticos

En moitos casos trátase de neumáticos que están sendo tirados en vertedoiros ilegais. «Tal e como recolle a normativa sobre a xestión de neumáticos fora de uso o almacenamento dos mesmos tense que levar a cabo en condicións de seguridade e salubridade adecuadas e en instalacións que cumpran coas condicións establecidas na deVandita normativa«, explica Carrera.

Multas de 901 a 45.000 euros

As sancións que conleva imcumprir esta norma son considerables: desfacerse de neumáticos non usados en zonas non autorizadas supón unha multa de 901 ata 45.000 euros.

Dano ao medio ambiente

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo, explica que «estes verquidos non son só unha falla de civismo, senón que dañan o medio ambiente». O rexedor apela á colaboración cidadá para «poner fin a estas prácticas que nos perxudican a todos e todas».

Número para a recollida de entullos

Por outra banda, a concellería de Limpeza lembra que deixar enseres na vía pública sen previo aviso está prohibido conleva unha sanción de 600 euros.

Para desfacerse de colchóns, mobles e obxectos de gran tamaño hai que solicitalo chamando ao teléfono 665 571 555.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.