Destacados Vigo al minuto

O Goberno fai obras na AP-9 pero non mellora os pasos elevados de Teis

Os veciños lamentan a falta de peso do alcalde que non conseguiu nin iso

O Goberno fai obras na AP-9 pero non mellora os pasos elevados de Teis

A Asociación Veciñal de Teis cualifica de “vergoña e escándalo” que o Ministerio de  Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, realice dende hoxe obras na autoestrada AP9 para construír uns “apartaderos de emerxencia”, no tramo  dos pasos  elevados da Xorxa e da Trapa, e non mellore os mesmos.

Os seus responsábeis subliñan que dende hai anos que denuncian que os pasos elevados da Xorxa e da Trapa carecen de mantemento que é necesario para “garantir a seguridade”.

Sen resposta do Goberno

O pasado mes de decembro, a asociación veciñal dirixiuse por escrito  Raquel Sánchez Jiménez, Ministra de Transporte, para a reivindicar solucións as demandas sobre a autoestrada AP-9 , que afectan a Teis. Entre elas están a instalación de pantallas contra o ruido e a mellora dos pasos elevados, “é aínda non recibimos ningunha resposta”.

Falta de apoio do Concello de Vigo

Os veciños tamén lamentan a falta de implicación do goberno municipal de Vigo e do seu alcalde, Abel Caballero, que en relación coa autoestrada AP9, a pesar de moitas xuntanzas con responsábeis deste Ministerio, non foi quen de conseguir nin tan sequera que se melloren uns pasos elevados”.   

También te puede interesar