Galicia Vigo al minuto

A Xunta elimina un vertido de augas residuais no lugar da Bagunda, en Vigo

Era un bombeo de auga dende unha obra en construción

Novo vertido de augas residuais ao Lagares

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais que se producía cara a un rego innominado, próximo ao río Lagares, no lugar da Bagunda, en Vigo.

O punto de vertido foi detectado polo persoal do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, durante tarefas rutineiras de inspección que se levan a cabo nos distintos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Augas residuais industriais

Os profesionais de Inspección localizaron un foco irregular de augas residuais industrias cara ao dominio público hidráulico, consistente no bombeo de auga mesturada con lodo que se levaba a cabo desde unha obra de construción. Tras identificarse o titular, a Xunta requiriulle a emenda do vertido.

Nunha nova inspección á zona, o persoal de Augas de Galicia verificou a finalización do foco de augas residuais ao dominio público hidráulico, en cumprimento do requirimento efectuado ao titular.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.