RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

Galicia rexistrou o terceiro mes de decembro máis cálido da historia

A temperatura media nas
estacións máis representativas da Comunidade estivo 2,1 graos por riba do agardado

Galicia rexistrou o terceiro mes de decembro máis cálido da historia

Galicia rexistrou un mes de decembro normal en canto ás precipitacións e moi cálido no que respecta aos termómetros. A situación chegou ao punto de que a temperatura media obtida nas estacións máis representativas da
Comunidade se situou 2,1º por riba do agardado.

O terceiro máis cálido da historia

Esta anomalía térmica, de feito, fixo que o mes pasado fora o terceiro máis cálido da serie histórica de referencia 1981-2010.

Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia. O mesmo subliña tamén que decembro tivo tres partes moi diferenciadas, cun período inicial de 10 días no que predominaron as borrascas e temperaturas suaves propias da época; unha segunda parte con outras 10 xornadas de tempo anticiclónico, seco e temperaturas baixas; e unha recta final marcada de novo polas borrascas, aínda que neste caso con vento do sur e temperaturas elevadas.

Medida de 11 estacións meteorolóxicas

A característica máis salientable do mes foi, de feito, a temperatura, cunha anomalía media en Galicia, obtida a partir das anomalías medias das 11 estacións meteorolóxicas máis representativas, de 2,1º por encima do habitual en decembro.

Temperaturas mínimas e máximas

A explicación hai que buscala tanto nas temperaturas mínimas como nas máximas, xa que en ambos casos foron moi cálidas. O precedente máis próximo neste sentido foi o mes de decembro do ano 2015, cando a temperatura media se situou en 2,87º por riba do habitual, e o anterior foi o de 1989, cunha anomalía positiva de 2,84º.

Preto de 4 graos por riba do normal en varios lugares

Con carácter xeral, os termómetros marcaron rexistros moi elevados no conxunto de Galicia, aínda que os valores máis salientables en canto á anomalía media concentráronse na comarca de A Coruña e no leste da provincia de Lugo, con valores que case chegaron aos 3,8º por riba do normal.

Pola contra, as anomalías máis baixas acadáronse no Barbanza, cunha temperatura media case un 1º por riba do agardado.

Menos chuvia e concentrada en poucas xornadas

Segundo os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade, a chuvia acumulada en decembro foi similar ao que se considera normal, pero o número de días con precipitacións supera en xeral os valores climáticos habituais para esta época.

Isto foi debido aos dous períodos de inestabilidade cos que comezou e rematou o mes, que trouxeron asociados episodios de borrasca bastante activos en días concretos e derivaron nunha precipitación media acumulada de 205 L/m 2 .

Diferencia na distribución xeográfica das choivas

Comparando estes valores cos rexistrados no período de referencia 1981- 2010, decembro pechouse en Galicia cunha anomalía media das precipitacións un 3% superior ao valor climático habitual. Isto fai que o mes poida considerarse dentro da normalidade, tendo en conta o conxunto da Comunidade.

Aínda así, houbo grandes contrastes en canto á distribución xeográfica das precipitacións, sobre todo entre a provincia de Lugo e o resto de Galicia. En concreto, mentres na Fonsagrada e na Serra dos Ancares rexistrouse unha porcentaxe de chuvia superior ao 196% con respecto ao normal, na comarca ourensá de Valdeorras o mes resultou moi
seco.

También te puede interesar