Ciencia y Tecnología Video

Adeus ao ‘control’ actual dos positivos por COVID e dos seus contactos

Rematan as chamadas de seguimento e aos cribados masivos

Adeus ao 'control' actual dos positivos por COVID e dos seus contactos

Non se pode manter un control estreito de todos os positivos por COVID e dos seus contactos. O número de contaxios, preto de 5.000 diarios en Galicia, fai imposible, materialmente, continuar co actual protocolo de seguimento.

Por iso, rematarán as chamadas de ‘comprobación’, tal e coma as coñeciamos ata hoxe. A Xunta, dacordo co Consello Interterritorial de Saúde -no que están as Comunidades e o Ministerio de Sanidade- cambiará, xa, o modo de proceder.

Os test que fagamos na casa serán suficientes

Dende agora, os test de antíxenos que fagamos na casa servirán para confirmar que se ten COVID. Non será precisa unha PCR para a súa verificación. Tampouco haberá ‘chamadas de rastrexo’ a “contactos estreitos” de persoas que dean positivo e que non teñan síntomas da enfermidade. O máximo que recibirán será un SMS con instrucións e un cuestionario para respostar.

Neste ‘cuestionario’ incluirá o seu nome e idade e indicará se ten algunha doenza que o faga máis vulnerable. Se o SERGAS non o recibe de volta en 24 horas, chamará…pero só nesta situación.

Nada de probas

O Servizo Galego de Saúde non fará PCR nin proba de antíxenos a “contactos estreitos” dun positivo por COVID si está exento de gardar cuarentena (porque ten postas as vacinas ou porque pasou a enfermidade nos últimos 6 meses).

As excepcións serán só os maiores de 70 anos; os que estean hospitalizados e os que vivan en residencias. Nestes casos estarán sometidos a un “control” de 10 días.

Se das positivo, chama ao teléfono 881 540 045…non ao teu centro de saúde

Para aliviar a presión insoportable sobre a Atención Primaria, Sanidade pide que aquelas persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID, queiran comunicar un positivo ou solicitar unha PCR, o fagan chamando al teléfono 881 540 045 e non aos seus centros de saúde. Ademáis, na web do SERGAS haberá, tamén, un formulario para comunicar eses positivos.

Cal é a situación da pandemia en Galicia?

Ata este mércores, o número de contaxios aumentara en 4.965, nun día, o que supón un aumento de 1.150 con relación ao luns. O número de casos activos segue a bater marcas: 56.456 (+3.868).

A taxa de positividade era do 23% das 13.177 PCR feitas, e a Incidencia acumulada a 14 días, está en 2.119 casos de COVID por cada 100.000 habitantes.

A ‘presión hospitalaria baixou: están internadas 354 persoas por COVID; delas 298 en planta (-20) e 56 nas UCIs (+1).

Área de Vigo

É a que ten máis casos activos de COVID, 12.724, e tamén a que rexistra máis contaxios diarios, preto de 900. A situción nos hospitais é estable, con 86 pacientes internados (-1); deles 71 en planta (+1) e 15 na UCI (-2).

Atención Primaria

O problema, tanto na nosa área sanitaria como na cidade de Vigo é o colapso da Atención Primaria. Esa é a definición: colapso.

Por iso, o SERGAS limitou a actividade nos centros de saúde do Casco Vello, Navia, Teis (quenda de tarde), MatamáNicolás Peña, ademáis do de Beiramar, que está en Rosalía de Castro.

Esta medida, que, para empezar, estará vixente toda esta semán, abrangue a outros concellos, como O Rosal, onde xa había problemas, como denunció a súa alcaldesa; O Porriño; Ponteareas; Oia; A Guarda; Tomiño e os dous do Morrazo, Cangas y Moaña (na quenda de tarde).

Médicos xubilados

Ante esta situación, vinte médicos xubilados reforzarán a Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo. Son parte dos 86 que comunicaron ao SERGAS a súa disposición para axudar en labores administrativos e de vixilancia en toda Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña subliñou que a Xunta está priorizando aos profesionais médicos ante a situación que cualificou de «crítica» no aumento dos contaxios. Neste sentido sinalou que tamén está previsto «sondar» a profesionais xubilados de Enfermería

También te puede interesar