Galicia Vigo al minuto

20 médicos xubilados reforzarán a Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo

Ante a situación “crítica” creada polo aumentos dos contaxios por COVID

20 médicos xubilados reforzarán a Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo

Vinte médicos xubilados reforzarán a Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo. Son parte dos 86 que comunicaron ao Sergas a súa disposición para axudar en labores administrativos e de vixilancia ante o avance da pandemia.

Ademáis deste 20 da área sanitaria viguesa, incorporaranse 19 da área da Coruña; 14 de Pontevedra; 13 da área sanitaria de Lugo; 9 da de Santiago; 6 de Ourense e 5 na de Ferrol.

Non atenderán a pacientes

Diso informou o conselleiro de Sanidade, Julio García García Comesaña,quen indicou que algúns deles poden incorporarse mañá mesmo. Estes médicos non atenderán presencialmente a pacientes e se centrarán nas chamadas dos novos positivos, ademáis de traballos de teleasistencia.

García Comesaña subliñou que Sanidade está priorizando aos profesionais médicos ante a situación que cualificou de “crítica” no aumento dos contaxios. Neste sentido sinalou que tamén está previsto “sondar” a profesionais xubilados de Enfermería.

As medidas postas en marcha pola Xunta son ás que levaron a que en 14 centros de saúde da Área Sanitaria- entre eles 6 de Vigo- xa non se dean citas para consultas de Atención Primaria.

Aspirantes nas listas do SERGAS

O conselleiro tamén anunciou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o vindeiro luns, día 10, a apertura do prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para técnicos temporais de saúde de Atención Primaria. Nesta lista poderán anotarse licenciados ou graduados en medicina, que non teñan feito o MIR.

A súa función será a de dar apoio sanitario nos ámbitos de xestión da incapacidade temporal, prevención da enfermidade e aquelas precisas para garantir a atención sanitaria.


También te puede interesar