Galicia Vigo al minuto

20 médicos xubilados reforzarán a Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo

Ante a situación «crítica» creada polo aumentos dos contaxios por COVID

Vinte médicos xubilados reforzarán a Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo. Son parte dos 86 que comunicaron ao Sergas a súa disposición para axudar en labores administrativos e de vixilancia ante o avance da pandemia.

Ademáis deste 20 da área sanitaria viguesa, incorporaranse 19 da área da Coruña; 14 de Pontevedra; 13 da área sanitaria de Lugo; 9 da de Santiago; 6 de Ourense e 5 na de Ferrol.

Non atenderán a pacientes

Diso informou o conselleiro de Sanidade, Julio García García Comesaña,quen indicou que algúns deles poden incorporarse mañá mesmo. Estes médicos non atenderán presencialmente a pacientes e se centrarán nas chamadas dos novos positivos, ademáis de traballos de teleasistencia.

García Comesaña subliñou que Sanidade está priorizando aos profesionais médicos ante a situación que cualificou de «crítica» no aumento dos contaxios. Neste sentido sinalou que tamén está previsto «sondar» a profesionais xubilados de Enfermería.

As medidas postas en marcha pola Xunta son ás que levaron a que en 14 centros de saúde da Área Sanitaria- entre eles 6 de Vigo- xa non se dean citas para consultas de Atención Primaria.

Aspirantes nas listas do SERGAS

O conselleiro tamén anunciou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o vindeiro luns, día 10, a apertura do prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para técnicos temporais de saúde de Atención Primaria. Nesta lista poderán anotarse licenciados ou graduados en medicina, que non teñan feito o MIR.

A súa función será a de dar apoio sanitario nos ámbitos de xestión da incapacidade temporal, prevención da enfermidade e aquelas precisas para garantir a atención sanitaria.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.