Comarcas

Piden que o Concello de Porriño compre ‘Villa Florida’, que está á venda por 2 millóns

O BNG quere que sexa para uso cultural e que os xardíns se abran á veciñanza

O BNG vén de rexistrar unha moción solicitando do pleno da corporación municipal un acordo para a compra por parte do Concello do Porriño do conxunto arquitectónico «Villa Florida», na rúa Manuel Rodríguez. A moción presentada polo Bloque contempla que a edificación teña un uso cultural e que os xardíns se abran á veciñanza do Porriño.

Finais do século XIX e principios do XX

«Villa Florida» é un fermoso conxunto residencial de arquitectura ecléctica de influencia francesa. Construído entre finais do século XIX e comezos do XX polo matrimonio formado por Manuel Rodríguez e Angelina Bonín, é un dos exemplos máis relevantes no país da denominada arquitectura de promoción indiana.

Pertence na actualidade aos descendentes de Don Francisco Arias e Dona Matilde Antonia Avendaño, familia que cunha gran sensibilidade conservou durante décadas o conxunto arquitectónico sen alteración, facendo posíbel que chegara até nós mantendo o seu aspecto orixinal. Nos últimos días fíxose público o interese da familia por vender a propiedade.

No centro do Porriño

«A súa localización estratéxica entre dúas zonas históricas e de esparexemento como son o entorno da Casa do Concello e o barrio de San Benito, xunto coa proximidade dos seus xardíns á entrada do Paseo do Louro, pódena converter nun espazo importante para a vida cultural e social do Porriño», afirmou o portavoz municipal do Bloque, Pedro Pereira. A edificación está catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

O BNG defende que o Concello do Porriño invista recursos en conservar o seu patrimonio arquitectónico e natural, polo que insta ao goberno local a negociar canto antes a compra desta emblemática edificación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.