Galicia Vigo al minuto

Os rapaces retomarán o curso o 10 de xaneiro

Os cativos de entre 5 e 9 anos vacinaranse os día 4 e 5

Os rapaces retomarán o curso o 10 de xaneiro

O presidente da Xunta sinalou este mércores, que mantén a data do 10 de xaneiro como a da volta ás clases, logo das vacacións de Nadal. Feijóo sinalou que o día axeitado, agás que houbese algunha decisión no ámbito estatal que motivase o seu cambio.

Seguirán as vacinacións de menores

Non se alteran, por tanto, as previsións da Consellería de Sanidade que segue co plan de vacinación de menores, sinalou o presidente. Sí podería haber un retraso de 24 horas se fose posible poñer a última dose o luns día 10. Se non fose así -porque está previsto que a terceira remesa de vacinas chegue ese día- a intención da Xunta é vacinar aos menores nas tardes dos días 11 e 12 de xaneiro.

Colectivo de 40 a 49 anos e nenos de 5 a 9

As previsións de vacinación para a Comunidade durante as próximas semanas abranguen a tercera vacina para 120.000 galegos con idades comprendidas entre 40 e 49 anos e a primeira dose para os menores de entre 5 e 9 anos.

Galicia recibirá 36.000 vacinas do Goberno central o día 3 de xaneiro, o que permitirá poñer a primeira dose os días 4 e 5 ao mesmo número de cativos de 5 a 9 anos.

A previsión é que a mediados de xaneiro teñan a primeira dose da vacina contra o coronavirus máis do 90% de nenos de entre 5 e 11 anos.

  


También te puede interesar