RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela aproba o pagamento de axudas COVID

100 empresas e autónomos recibirán as súas achegas nos vindeiros días

Redondela abre o prazo de inscrición no 'Programa de Conciliación 2021'

Un total de 100 empresas e autónomos recibirán nos vindeiros días o pagamento das axudas establecida polo Concello de Redondela, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos.

As mesmas serán para paliar a diminución ou paralización de actividade que a crise sanitaria provocou a autónomos, microempresas e pequenas empresas.

Das cen empresas beneficiarias destas axudas –as terceiras que o Concello concede dende o inicio da pandemia–, un total de 98 recibirán a cantidade fixa de 851,77 €.

Autónomos e microempresas

Esta nova liña de subvencións, engade a alcaldesa Digna Rivas, «non deixa de ser un xeito de protexer os intereses xerais da veciñanza de Redondela ao dar soporte ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e pequenas empresas».

A rexedora redondelá salientou «a implicación da Deputación» e expresou o seu agradecemento «pola sensibilidade que sempre amosou con este municipio».

Convocatorias anteriores

Cómpre lembrar que en decembro do 2020, nunha primeira convocatoria, concedíanse un total de 72 axudas por importe superior a 42.000 euros e tan só un mes despois, en xaneiro do 2021, outorgábanse outras 32 subvencións, esta vez dirixidas especificamente ao sector da hostalaría, por máis de 9.600 euros. Para esta terceira convocatoria de axudas, o Concello destina preto de 85.000 euros.

También te puede interesar