RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

Folga no sector das conservas de peixe

Os sindicatos denuncian que non se garante o poder adquisitivo dos traballadores

Folga de tres días no sector das conservas de peixe

Os sindicatos maioritarios no sector das conservas de peixe -CIG, CCOO e UGT- acordaron convocar tres xornadas de folga en defensa do convenio colectivo estatal para os vindeiros días 21 de xaneiro e 3 e 4 de febreiro.

Denuncian que a última proposta da patronal non garante o poder adquisitivo do persoal e non remata coa fenda salarial entre mulleres e homes.

Tres días de folga de 24 horas

A decisión adoptouse tras comprobar que as achegas do empresariado na última xuntanza, celebrada este luns, non recollen as principais reivindicacións dos traballadores. Diante disto, as centrais optaron por convocar tres días de folga de 24 horas.

Nesa reunión a patronal propuxo un incremento salarial do 2,30% para 2021, do 3% para 2022, do 2% para 2023 e do 0,50% para 2024. Pero para a CIG é insuficiente xa que non contempla unha revisión conforme ao IPC nin o cobro de
atrasos.

En canto á equiparación salarial dos grupos 5 e 6, pasouse de non incluir ningunha subida adicional para a categoría de auxiliar a unha nova proposta de incremento adicional dun 0,2%, algo que non é suficiente para os sindicatos.

Xornada

No que ten que ver coa xornada, a patronal desiste da súa intención de ampliala de luns a domingo. Tamén retira a proposta de que até un 75% do persoal puidera traballar os sábados até as 14:00 horas.

Así mesmo, o persoal terá unha licenza para acompañamento ao médico de crianzas e persoas maiores a cargo, a patronal accedeu a que as 16 horas médicas actuais se poidan usar tamén para este fin.

También te puede interesar