Cultura

Abre a Casa de Papá Noel en Redondela

Está na Alameda de Castelao e permanecerá aberta ata Noiteboa

Abre a Casa de Papá Noel en Redondela

A Casa de Papá Noel, iniciativa posta en marcha no 2019 polo Goberno local de Redondela a fin de ofrecer un lugar de descanso a Papá Noel logo da súa longa viaxe dende Laponia, abriu onte as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas.

Situada na Alameda Castelao, e similar á que Papá Noel ten en Rovaniemi, na provincia de Laponia, Finlandia, e estará aberta ata o día 23 de decembro e horario de 17 h a 19:30 horas para o día 24, día de Noiteboa, abrir en horario de mañá e tarde de 11 h a 14 horas e de 16:30 h a 19 horas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, foi a encargada de dar a benvida hoxe a Papá Noel “a súa casa e lle agradeceu que dedicase parte do seu tempo a atender ás peticións das e dos máis pequenos”.

También te puede interesar