RGPD - Cookies
Comarcas

A elección da alcaldesa ou alcalde do Porriño parécese cada día máis á ‘Vida de Brian’

Xa son catro os candidatos para o posto, tres deles de esqueras

A elección da alcaldesa ou alcalde do Porriño párecese cada día máis á 'Vida de Brian'

Os Monty Phyton estarían encantados co ‘proceso’ de elección da nova alcaldesa, ou alcalde, do Porriño. As negociacións parécense moito á escena da ‘Vida de Brian’ entre os partidarios do Frente Popular de Judea e do Frente Judaico Popular. E ten o mesmo número de protagonistas.

Lourdes Moure (PSOE)

Logo da dimisión forzada de Eva García, había tres ‘postulantes’, pero onte a lista aumentou. Na súa despedida, a ex alcaldesa dixo que o seu partido -que ten 4 concelleiros- apoiaba a Lourdes Moure, concelleira de Facenda e número 2 na lista do PSOE nas Eleccións Municipais de 2019.

David Alonso (PSOE)

Días máis tarde, Manuel Carrera- único concelleiro de UDDL- que foi determinante na elección da anterior alcaldesa, e que na actualidade é asesor na Deputación de Pontevedra, manifestou públicamente o seu veto a Moure e o seu apoio ao tamén concelleiro socialista, David Alonso, quen con anterioridade fora nas listas do partido de Carrera ás Eleccións Municipais.

As dúas concelleiras de EU Son, tamén sinalaron que Alonso era o ‘candidato de consenso’, xa que non están dispostas a votar a ninguén que tivese responsabilidade na xestión económica do Concello con Eva García…e Lourdes Moure é responsable de Facenda.

Pedro Pereira (BNG)

Onte a dirección local do BNG- que ten 2 concelleiros- pediu un pacto dos partidos de esquerdas, algo que semella máis dificil que o acordo entre o Frente Popular de Judea e o Frente Judaico Popular da ‘Vida de Brian’.

O Bloque asegura que «non comparte que nas negociacións mantidas entre os grupos se antepoñan intereses partidistas nin que se esixan salarios e cargos de confianza» e, a súa responsable local, logo de pedir que non se facilite un goberno do Partido Popular, puxo en liza un terceiro candidato de ‘esquerdas’: ao actual alcalde accidental e voceiro dos nacionalistas, Pedro Pereira.

«Estamos en disposición, de ser necesario, de ofrecer o noso candidato para desencallar a situación. Nós non pomos vetos pero temos a certeza de que Pedro Pereira sería a mellor opción para dirixir o Concello», sinala nun comunicado Míriam Martínez.

Alejandro Lorenzo, ‘Caroca’ (PP)

Seguindo co símil da ‘Vida de Brian’, a maioría, casi absoluta, a ten o ‘romano’ Alejandro Lorenzo, ‘Caroca’ quen nas Municipais obtivo 8 dos 17 concelleiros da Corporación porriñesa.

Cando queda unha semana para o Pleno de elección do novo alcalde, ou alcaldesa, coas negociacións rotas entre PSOE e EU Son, con discrepancias dentro do propio partido entre os partidarios de Alonso e de Moure e co veto de Carrera a esta última, as posibilidades de ‘Caroca’ suben, como as risas dos soldados cando o centurion fala de ‘Pijus Magnificus’ .

Unha ausencia ou unha abstención

O candidato popular so precisa que alguén dos outros catro grupos ou ben non vaia o día 23 ao Pleno de elección do novo alcalde, ou alcaldesa, ou se absteña. Sen máis. Nese caso habería un empate a 8 votos e a Ley Electoral establece que a Alcaldía sería para o cabeza de cartel da lista máis votada nas pasadas Municipais.

También te puede interesar