Comarcas

A Deputación cancela os seus eventos con grande cantidade de público, pola COVID

O primeiro, a conferencia do arquitecto e urbanista danés Jan Gehl

Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de decidir cancelar os seus eventos con grande cantidade de público. Así se acordou no grupo de goberno «seguindo o principio de prudencia ante a situación actual da COVID«, para evitar riscos de cara ás festas de Nadal nas que a maioría da poboación quere realizar reunións familiares.

A programación prevista pola institución provincial seguirá con actividades de formato máis reducido: todas limitarán a súa capacidade a pesares da autorización do 100% dos aforamentos realizándose preferiblemente ao exterior cando sexa posible.

Conferencia de Jan Gehl

O primeiro grande evento afectado por esta medida será a conferencia maxistral do arquitecto e urbanista danés Jan Gehl. O relatorio ía celebrarse este xoves 16 ao abeiro da clausura da Facultade Ágora e xa estaban apuntadas arredor de 300 persoas, ademais de detectarse un fluxo crecente de inscrición que ía superar a capacidade permitida.

A organización decidiu renunciar a desenvolver a conferencia en lugar de realizala vía telemática -como as feitas ata o de agora ao abeiro da Facultade- debido ao interese do propio Gehl por coñecer ‘in situ’ a realidade da provincia de
Pontevedra.

A clausura da Facultade Ágora segue adiante

A pesares da cancelación da conferencia maxistral de Gehl, o acto de peche da Facultade Ágora vai seguir adiante. Será extremando as condicións de seguridade, nun formato máis reducido e limitado exclusivamente ao alumnadoque seguiu os seminarios dende o pasado mes de abril, que recibirá o título acreditativo de ter aprobado o exame de capacitación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.