Galicia Vigo al minuto

Ecoloxistas en Acción apoia as accións contra os proxectos eólicos na provincia

Están convocados este sábado en Pontevedra, A Lama, Gondomar, Marín e Bueu

Ecoloxistas en Acción apoia as accións contra os proxectos eólicos na provincia

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas apoia as convocatorias en Pontevedra, A Lama, Gondomar, Marín e Bueu, que solicitan paralizar os proxectos de parques eólicos nos montes da nosa contorna, polo seu forte impacto ambiental, económico e social.

A política eólica ten que protexer os espazos de maior valor ecolóxico, primar o desenvolvemento rural e a xeración distribuída en mans da cidadanía, así como debe acompañarse dun forte decrecemento do consumo enerxético.

Limitar o quecemento global

Segundo Ecoloxistas en Acción, para contribuír a limitar o quecemento global a 1,5 ºC, Galicia debería reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) polo menos un 65 % en 2030. Para iso e necesario acelerar a transición enerxética. Dita transición non dependería so dun incremento da produción eléctrica renovábel, debe acompañarse tamén dun forte decrecemento do consumo enerxético e do peche canto antes das centrais eléctricas fósiles.

‘Ilusiorio ‘crecemento verde’

A aposta de Ecoloxistas en Acción Galiza pola enerxía eólica está enfrontada co “tipo de políticas públicas que a están a promover, enmarcadas na procura dun ilusorio ‘crecemento verde’. Este desborda os límites ambientais, esta deseñado á medida das grandes empresas privadas, en detrimento das comunidades rurais, e “con consecuencias moi negativas“.

‘Ecoloxistas’ defende “que nas zonas de alto valor ecolóxico, estean ou non na actual Rede Natura 2.000, se impida a instalación de novos parques eólicos e se repotencien os existentes”. Isto “obrigaría a desmantelar progresivamente máis dun 30 % da potencia instalada até hoxe” e a ter en conta os intereses ata agora relegados da poboación rural.

Priorizar o autoconsumo

Nun documento de análise e propostas sobre a enerxía eólica, Ecoloxistas en Acción de Galiza tamén defende medidas como priorizar o autoconsumo. Para iso é preciso promocionar comunidades enerxéticas cidadás; crear empresas públicas; incrementar as rendas para os propietarios dos terreos que acollen parques eólicos e achegar a produción aos principais focos de consumo. Deste xeito. minimizaríanse as afeccións territoriais e maximizaríanse os beneficios sociais do aproveitamento do vento.

También te puede interesar