RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos 0+ e 0-

A unidade da Axencia de Doación de Sangue e Órganos estará en Vigo este sábado e o martes, día 7

Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos 0+ e 0-

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ante o inicio desta ponte festiva e do Nadal. Agora mesmo, Galicia ten baixas as reservas dos grupos Cero negativo (0-) e Cero positivo (0+).

Os días festivos e de lecer, indica ADOS, precisan dun «esforzo na participación dos cidadáns», ante o descenso do número de doazóns, mentres non baixan as necesidades dos centros hospitalarios.

Estes hospitais precisan entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue, que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para desenvolver o seu labor asistencial».

Este sábado e o martes, a Unidade Móbil estará en Vigo

Este sábado, 4 de decembro, unha das unidades móbiles de ADOS estará en Vigo e regresará o vindeiro martes, día 7. En total, chegarán a 40 concellos de Galicia nestas datas.

Tamén pódese sangue nos locais da asociación, situados nos hospitais, aos que é posible desprazarse sen cita, ainda que é mellor solicitala chamando ao teléfono 900 100 828.




También te puede interesar