Comarcas Vigo al minuto

A Deputación comeza o seu Nadal en Vigo

Ás 18:15h. acende as luces da súa delegación na cidade situada no Casco Vello

A Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao Nadal cunha potente programación que abrangue unha completa oferta de actividades que comezará co acendido e a inauguración da decoración das sedes en Pontevedra e Vigo e que desde o xoves situará ao Castelo de Soutomaior como o epicentro destas festas.

Luces na sede da Deputación no Casco Vello de Vigo

O arranque terá lugar este martes co acendido da sede provincial en Vigo ás 18.15 horas, que contará con conta atrás e a actuación do grupo Cherry Sweet. Unha hora despois, ás 19.30 horas, o Pazo Provincial de Pontevedra iluminarase de Nadal e se inaugurará a decoración interior do edificio cunha máxica “fonte dos desexos”, para desfrutar despois dunha chocolatada.

Castelo de Soutomaior

O Castelo de Soutomaior e a esperada estrea do seu mercadiño este xoves, será o auténtico protagonista. A Deputación anima e invita a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño para poder adquirir produtos da provincia, sostibles e de proximidade, colaborando así coas produtoras e produtores das diferentes comarcas e cumprindo os requisitos do Certificado Observer e do Plan Estratéxico de Turismo.

O mercadiño, ideal para os regalos de Nadal, estará aberto os días 2 e 3 de decembro entre as 16 e as 20 horas, e os días 4,5,7 e 8 de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Nos postos, haberá representación da Cooperativa Camiño Circular que achegará queixos, ovos, mel, licores, marmeladas, melindres, bicas e artesanía; por produtos do mar como afumados e conservas; produtos a carón do Miño como chocolates, conservas de lamprea, mirabeles ou grelos; por produtos relacionados coa camelia a través de artesanía, cosméticos, marmeladas e venda de árbores; e de quilómetro cero a través dos viños de Soutomaior, do viño Pedro Madruga e de espumosos. Amais, contará cunha zona de degustación na que se poderá probar os produtos.

Maxia e visitas ao ‘Muiño das Afreitas’

Amais do mercadiño, o Castelo “encherase de maxia” estes días nos que tamén haberá visitas teatralizadas, contacontos, obradoiros, unha “caixa de correo de soños” e as visitas ao recuperado “Muiño das Afreitas”. Baixo o título “A maxia do Nadal está no Castelo” a iluminación de todo o recinto terá lugar o próximo xoves ás 18.30 horas, aínda que xa media hora antes, ás 18.00 horas todo o público poderá achegarse para participar nunha visita ambientada na que as persoas participantes serán recibidas por “zancudos” que guiarán a actividade para coñecer o funcionamento do muíño e desfrutar das sorpresas nos xardíns.

Visitas teatralizadas

A programación tamén inclúe visitas teatralizadas ao recinto histórico baixo o título “A luz do Nadal” e a cargo de Troula. Estas visitas, protagonizadas por unha raíña, a de corazóns, e dous bufóns da súa corte, oferta un total de 225 prazas distribuídas entre os días 7 e 8 de decembro (ás 11 e 17 horas), 10, 23 e 30 de decembro (ás 17 horas) e 19 e 26 de decembro (ás 12 horas).

Contacontos

Haberá tamén sesións de contacontos e obradoiros baseados na obra “Un conto de Nadal” de Charles Dickens. Serán oito sesións os días 4, 5,11, 12, 18, 19, 26 de decembro e 2 de xaneiro ás 17 horas, con 30 prazas cada unha delas, dirixidas a crianzas de entre 4 e 9 anos.

O día 4 terá lugar un contacontos no que Pedro Madruga, coa axuda das e dos rapaces, salvará o Nadal; xa o 5 un obradoiro de arquitectura no que a cativada construirá e decorará un poboado de Nadal; o 11 terá lugar un contacontos sobre as tradicións do Nadal no mundo e un obradoiro con tintas para crear felicitacións, que tamén se repetirá o día 12.

Pola súa banda o día 18 haberá contacontos e un obradoiro para crear farois ecolóxicos con desexos; o 19 un experimento científico para fabricar neve e descubrir o que se atopa no interior dun iceberg; o 26 contacontos para descubrir os recunchos do castelo e un obradoiro para decorar a árbore de Nadal con materiais recollidos no percorrido; e xa o 2 de xaneiro realizarase unha ruta de sendeirismo polos xardíns do Castelo, onde nenas e nenos
coñecerán os animais e plantas que habitan neles e rematarán decorando casiñas para paxaros.

Para as visitas teatralizadas e os obradoiros hai que reservar praza en [email protected]. Amais, este Nadal tamén abrirá por vez primeira as súas portas o “Muíño das Afreitas”. Despois da recente restauración da maquinaria xa está en funcionamento para que as nenas e nenos poidan ver a última moenda para facer os doces típicos do Nadal.

Tamén, ao igual que o pasado ano, haberá unha “caixa de correo de soños”, no Patio de Armas, na que tanto nenas e nenos como maiores poderán deixar os seus soños e desexos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.