Ciencia y Tecnología Galicia

Feijóo aposta por un plan de hospitalización a domicilio que “chega xa ao 81% dos galegos”

“Estamos a falar de que o paciente siga o tratamento na súa propia casa”

Feijóo en una visita al CEntro de Salud de Bouzas en Vigo

O presidente da Xunta destacou este mércores os avances cara a un novo modelo asistencial máis próximo e centrado no paciente, cun ‘Plan de Hospitalización a domicilio’ “que chega xa ao 81% dos galegos”.

Durante a inauguración do 42º Congreso Nacional da Sociedad Española de Medicina Interna e 37º Congreso da Sociedade Galega de Medicina Interna, Feijóo precisou que Galicia dispón de unidades deste tipo nos 14 hospitais públicos; e só en 2020 o número de ingresos rexistrados neste servizo foi de máis de 6.000.

O tratamento en casa

“Estamos a falar dun servizo que permite que o paciente siga o tratamento na súa propia casa, sen ter que pasar longas estadías no hospital, o que reduce os riscos asociados a un ingreso hospitalario en pacientes fráxiles, como as infeccións ou episodios de desorientación”, precisou.

O titular do Goberno galego salientou que a Xunta leva investidos máis de 100 millóns de euros en innovación na última década, ata converterse nun referente no eido da telemedicina. Non en van, engadiu, “a través da plataforma TELEA aténdense tamén a outros pacientes como diabéticos, hipertensos, enfermos de EPOC ou con insuficiencia
cardíaca”
.

Feijóo asegurou que, desde a súa posta en marcha, máis de 300.000 pacientes foron monitorizados con este sistema, ademais dos 100.000 pacientes COVID e os 200.000 contactos estreitos.

‘Unidades PostCovid’ e de ‘enfermidades raras’

Así mesmo, subliñou que máis alá da telemedicina, a Xunta está a traballar para utilizar as ferramentas de intelixencia artificial ou o uso de macrodatos nos sistemas de vixilancia epidemiolóxica, na detección de enfermidades raras ou na valoración de terapias.

Logo de recoñecer que grazas ao traballo previo e a aposta pola innovación, “Galicia puido adaptarse mellor e máis rápido ás esixencias da pandemia -coa posta en marcha, por exemplo, da identificación a través de códigos QR ou os sistemas de autocitas, e traballando en rede con farmacias”-, Feijóo concluíu resaltando, tamén, o compromiso da Xunta coa ampliación do número de unidades multidisciplinares.

Sobre este punto, destacou a posta en marcha das Unidades PostCovid, nas que xa se realizaron máis de 5.000 consultas; e as unidades de enfermidades raras, que afectan a máis de 2.400 pacientes en Galicia co obxectivo de reducir os prazos de diagnóstico, “reforzar o peso de Atención Primaria e fortalecer o traballo en rede.

Máis prazas na sanidade

Feijóo concluíu incidindo na necesidade de que se convoquen todas as prazas vacantes desde 2010 para facer unha oferta pública de emprego extraordinaria: “Necesitamos ampliar as prazas MIR e facer algunha convocatoria extraordinaria para determinadas especialidades e reforzar a labor dos titores en R1 e en Atención Primaria, recalcou.

También te puede interesar