Cultura Destacados

O Auditorio Mar de Vigo celebra o ‘Black Friday’ con descontos de ata un 40% en entradas para 40 espectáculos

As entradas deben comprarse das 20:00h. do sábado, 20 de novembro e as 23:59h. do día 27

O Auditorio Mar de Vigo celebra o 'Black Friday' con descontos de ata un 40% en entradas para 40 espectáculos

O Auditorio Mar de Vigo anuncia que “para celebrar o acendido das luces de Nadal e na semana do Black Friday, lanza “a maior oferta de desconto en entradas en toda a historia do Auditorio“.

Descontos de ata o 40%

Desde este sábado, 20 de novembro, “no momento en que as luces se encendan”, ás 20:00h. poñeránse a disposición do público máis de 6.000 entradas, para cerca de 40 espectáculos diferentes, con descontos de ata o 40%. Oscilarán entre un 40% e un mínimo dun 20%. 

Todas as entradas para os espectáculos do Mar de Vigo de ópera, ballet, concertos, espectáculos familiares, maxia, monólogos, etcétera, terán descontos durante unha semana, do 20 ao 27 de novembro ás 23:59h. Serán compatibles co Bono Cultura e para todos os espectáculos que estén programados neste momento, incluso todos os do ano 2022, que xa son moitos.

Do musical ‘Antoine’ a Nacho Vegas

O público terá descontos de ata un 40% no espectáculo do ilusionista Pedro Volta, previsto para o 7 xaneiro ou no do espectacular coro de voces Alabama Gospel Choir, que terá lugar o 22 de decembro. Varios eventos terán descontos de ata un 30%, entre os que está o musical Antoine’, sobre a historia de Antoine de Saint-Exupéry, o creador do libro ‘El Principito’, que terá catro funcións no Mar de Vigo, o 29 e 30 de decembro e o 1 e 2 de xaneiro.

Máis próximos no tempo están dous espectáculos que terán un 25% de desconto como son a ópera ‘Madama Butterfly’ o domingo 21 de novembro o banda rock Los Zigarros, que actuará no Hall do Mar de Vigo o 4 de decembro.

Outros espectáculos moi agardados en decembro terán un 20% de desconto nas entradas, como son o concerto de Love of Lesbian o 11 de decembro, o espectáculo de maxia cómica do Mago Jandro o 12 de decembro, a actuación de Dulce Pontes o 18 de decembro ou xa para o ano, as actuacións de Sharon Corr o 29 de xaneiro, Nacho Vegas o 12 de febreiro ou Miss Caffeina o 2 de abril, entre outros.

O programa completo con todas as data de espectáculos, prezos e porcentaxes de desconto, pode consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e da billeteira www.teuticket.com

‘Ghost’ en Vigo

Por outra banda, o Musical ‘Ghost’ chega a Vigo tras dúas tempadas en Madrid cun rotundo éxito de crítica e público e cun Premio Broadway World Spain 2020 ao Mellor Musical. Representarase no Mar de Vigo desde o 3 ata o 6 de marzo de 2022, seis únicas funcións.

También te puede interesar