Cultura

Pesar pola morte do escritor, poeta, tradutor e académico Darío Xohán Cabana

Tiña 69 anos de idade

O escritor lucense Darío Xohán Cabana

O escritor, poeta, tradutor e académico lucense Darío Xohán Cabana (Cospeito ,1952) morreu este martes na súa casa de Lugo, aos 69 anos de idade, tras unha longa enfermidade.

Autor de  ‘Galván en Saor’, O cervo na Torre ou Morte de rei, era además ensaista e tradutor de obras coman A Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas.

Darío Xohán Cabana, ingresou na Real Academia Galega en abril de 2006, ocupando a vacante que deixara otro lucense, o poeta Manuel María, a quen lembrou no seu discurso, contestado por Méndez Ferrín.

Activista político vinculado ao nacionalismo galego, en Esquerda Nacionalista, a Unión do Povo Galego ou a FPG, xubilouse como funcionario da Área de Cultura no Concello de Lugo, onde foi director do auditorio municipal Gustavo Freire.

Darío Xohán Cabana, que entre 1970 e 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos, e foi vendedor de libros a domicilio ou policía municipal, recibiu numerosos recoñecementos ao longo da súa vida como os premios Xerais de novela, o Barco de Vapor, o Martín Códax ou o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. 

También te puede interesar