Ciencia y Tecnología Cultura

Greenpeace pendura unha pancarta en Reganosa para denunciar o impacto do gas no medioambiente

Asegura que a planta emite 5 millóns de toneladas CO2 á atmosfera

“O GAS É CARO E CONTAMINA”. Esa é a mensaxe contundente que, a máis de 30 metros de altura, activistas de Greenpeace colocaron hoxe nos depósitos da planta regasificadora de Reganosa en Mugardos.  Esta acción serve para «demandar o seu peche e pedir á clase política e ás empresas enerxéticas un plan de abandono progresivo do gas no noso país». A organización ecoloxista denuncia a dependencia do gas, causante da suba do prezo da enerxía e da emerxencia climática.

«O gas é un combustíbel fósil contaminante, como o petróleo ou o carbón», denuncia a ONG. É un potente emisor de gases de efecto invernadoiro composto fundamentalmente por metano, un gas cun potencial de quecemento global 84 veces superior ao do CO2 aos 20 anos, e sen a súa eliminación paulatina non se poderá frear a emerxencia climática e a crise enerxética.

Un «destrutor do clima»

“Viñemos a un dos lugares nos que se xera tanto a crise enerxética como a climática para dicir que o gas non é a solución a ningunha das dúas cousas”, manifestou Francisco del Pozo, responsábel da campaña para a eliminación dos combustíbeis fósiles en Greenpeace España.Están a vendernos que o, mal chamado, “gas natural” é un combustíbel verde e de transición, pero en realidade é un destrutor do clima, que está a levar aos fogares a padecer altas tarifas de luz e calefacción”.

Logo do «insuficiente acordo da COP de Glasgow, cómpre máis ca nunca que os gobernos dean un paso á fronte. O Goberno español leva tempo presumindo de compromiso contra a crise climática, pero se non traballa nun plan para o abandono dos combustíbeis fósiles como o gas, estará a dar as costas ás recomendacións científicas para evitar os peores impactos contra o cambio climático e protexer así ás persoas«.

Outra grave consecuencia é a suba da factura da luz e do gas: O incremento dos prezos da enerxía está causado pola volatilidade do gas e a dependencia que temos doutros países e, só planificando o seu abandono, os gobernos poderán protexer ás persoas máis vulnerábeis afectadas pola crise enerxética.

O gas é o combustíbel fósil que máis medra no mundo e mudou na segunda fonte de enerxía fósil en Europa. A organización ecoloxista considera imprescindíbel establecer un calendario para o abandono deste combustíbel, xunto co resto de enerxías sucias, e aumentar a proporción de enerxía renovábel no mix enerxético, contando coa participación da cidadanía. Greenpeace demanda un sistema eléctrico 100% renovábel, libre de gas fósil, non máis tarde de 2030, e acadar o cero neto das emisións en 2040.

As mesmas emisións de CO2 que 1,6 millóns de coches

A planta de regasificación á que hoxe accedeu Greenpeace, propiedade de Reganosa, con participación da Xunta de Galicia, é un dos puntos quentes da chamada crise do gas. Á escalada de prezos que están a vivir os fogares, súmase a actual emerxencia climática. S»ó en 2021, estímase que a planta de Mugardos vai ser responsábel de máis de 5 millóns de toneladas de emisións directas anuais de CO2 (as mesmas emisións que case 1,6 millóns de coches ao longo dun ano)».

Oposición veciñal e ecoloxista local contra Reganosa

A protesta pacífica realizada hoxe por Greenpeace, conta co apoio de representantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, plataforma que, desde hai anos, agrupa a numerosas entidades locais contra a presenza da regasificadora en Mugardos. “Durante máis de dúas décadas, e co beneplácito dos gobernos, Reganosa dedicouse a comprar vontades para lexitimar a súa presenza ilegal na nosa ría, agachando o impacto ambiental na mesma e contribuíndo á emerxencia climática“, declarou o Coordinador do Comité, Manuel Rodríguez Carballeira.

Por outra banda, Greenpeace sumouse á loita que leva realizando, tamén desde hai décadas, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCERF), uníndose ao seu recurso contra a legalización da planta de Reganosa. “Esiximos unha data de paralización e desmantelamento da planta de Mugardos polo seu perigo e polo seu custo social e climático, asegurando un peche ordenado e unha transición xusta que xere empregos verdes e alternativos para a rexión” declarou Patricia Gabeiras, responsábel legal do CCERF.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.