Deportes

A galega Ainoha García, prata no Campionato de Europa de Taekwondo

So caeu na final contra a rusa Anastasiia Kosmycheva

Ainoha García plata no europeo de Taekwondo

Ainoha García (-68, Couto) logrou a medalla de prata no Campionato de Europa Júnior de Taekwondo tras gañar tres combates e so caer na final. 

A galega iniciara a competición contra a grega Andriana Levanti e Ainoha non deu opción a súa rival, gañando por diferenza de 20 puntos no segundo asalto. Posteriormente enfrontouse a Busra Ozturk (Turquía) e esta vez tocou sufrir un pouco más. Comezou igualado (ao final do primeiro asalto, 0-0), pero Ainoha soubo manter a calma e esperar o momento para porse por diante e lograr a vitoria por 4-9.

Na semifinal agardaba a checa Izabela Ranecka. Outra vez, a taekwondista galega foi moi superior e gañou 1-12, para plantarse na final onde se enfrontaría a unha durísima rival, a rusa Anastasiia Kosmycheva, campioa de Europa cadete (2018) e sub 21 (2021). Esta vez Ainoha non puido coa rusa, ainda que no primeiro asalto ían empatadas (3-3), pero despois Kosmycheva atopou un oco para puntuar e indo por detrás no marcador, a galega tivo que arriscar e finalmente caeu 13-3, quedando desta forma como subcampioa de Europa Júnior, despois de facer un gran torneo. 

También te puede interesar