RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación fai a maior inxección de cartos da historia nos concellos da provincia: 73,5 millóns

Carmela Silva subliña que «os concellos pequenos son os máis beneficiados»

Plan Concellos

Un «investimento histórico» de 73,5 millóns de euros para garantir dereitos e servizos na provincia e a maior inxección económica da historia da Deputación en todos os concellos e en todas as comarcas.

Así se presentou esta mañá o Plan Concellos 2022, Plan que será bianual para que os municipios dispoñan xa o ano que vén dos 30,5 millóns da Liña 1 do 2023, co que a Deputación «revalida o seu liderado como a administración provincial que transfire máis recursos de todo o Estado aos concellos».

Concellos de menos de 50.000 habitantes

Os números do Plan para os 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, foron presentados pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera, que subliñaron o enorme esforzo inversor feito para conseguir que o plan sexa a ferramenta para a recuperación social e económica tras a pandemia, e que reforza o papel da institución como a maior aliada dos concellos”.

Carmela Silva e César Mosquera na presentación do novo Plan Concellos

Máis para os concellos máis pequenos

Carmela Silva, fixo fincapé en que “unha vez máis os concellos máis pequenos son os máis beneficiados: os números falan por si mesmos, non menten, non hai ningunha dúbida. O algodón non engana. Esta é a realidade e queda claro que as porcentaxes de investimento por habitante recalan maioritariamente nos concellos menos poboados”.

Tal e como detallou, os concellos de menos de 20.000 habitantes van recibir 56 millóns de € fronte a 17 millóns € que percibirán os de máis de 20.000 habitantes. De feito fronte aos 148 euros por habitante que inviste a Deputación en Vigo e Pontevedra, nos concellos de menos de 10.000 habitantes achega 922 euros e soamente a través do Plan Concellos.

En liñas xerais, os concellos ata 10.000 habitantes recibirán o ano que ven 33.075.000 €; os de entre 10.001 e 20.000 habitantes, 23.331.976,74 €; e os de entre 20.001 e 50.000 habitantes 17.093.023,26 €.

Amais, os recursos distribúense en tres liñas de financiamento: a liña 1, de investimentos, para o 2022 estará dotada con 61 millóns de €; a liña 2, de amortización e pagamento de débeda e gastos estará dotada con 3 millóns de € e a liña 3 de fomento do emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais contará no 2022 con 9.500.000 €.

Plan Concellos Balance 2016-2022/23: 327 millóns de euros

Desde 2016 a Deputación achegou aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes máis de 327,2 millóns de € co Plan Provincial, dos cales máis de 150,5 millóns de euros foron para os de menos de 10.000 habitantes, preto de 106 millóns de € para os de entre 10.001 e 20.000 habitantes e preto de 70,7 millóns de euros para aqueles cunha poboación comprendida entre os 20.001 e 50.000 habitantes.

Dende o 2016 e ata o 2021 os recursos do Plan Concellos fixeron posible a realización de 2.623 obras, equipamentos e actuacións no marco da liña 1 de investimentos, concretamente para vías e sendeiros, actuacións en edificios municipais, abastecemento e saneamentos, cultura, deporte, informática, actuacións en espazos públicos, vehículos e maquinaria, actuacións en alumeados e eficiencia enerxética ou humanizacións e urbanizacións.

Pola súa banda, coa liña 2 os concellos da provincia puideron realizar ata 1.318 pagamentos de gasto corrente e centos de actividades, e a través da liña 3 de emprego coa financiación da Deputación crearon ata 6.075 postos de traballo nos servizos municipais.

DATOS POR COMARCAS

Comarca de Pontevedra

Os concellos da comarca de Pontevedra terán á súa disposición o próximo ano 2022 máis de 12,7 millóns de euros (12.736.985,37 €) do Plan Concellos. Poio 1.805.924,14 €; Cerdedo-Cotobade 1.271.880,66 €; Marín 1.766.355,04 €; Caldas de Reis 1.276.942,90 €; Ponte Caldelas 998.898,62 €; Cuntis 961.314,43 €; Vilaboa 902.947,94 €; A Lama 834.477,48 €; Moraña 835.594,94 €; Barro 760.778,64 €; Portas 669.084,31 €; Campo Lameiro 652.786,27 €. O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, nestes 6 anos na comarca ascende a máis de 51,8 millóns de € (51.868.163 €).

Comarca de Vigo

Os concellos da comarca de Vigo terán á súa disposición máis de 14 millóns de euros (14.059.730,98 €) do Plan Concellos. O Porriño 1.751.839,94 €; Nigrán 1.742.384,50 €; Redondela 1.992.862,68 €; Gondomar 1.715.162,93 €; Mos
1.673.275,31 €; Baiona 1.600.718,78 €; Salceda de Caselas 1.199.271,67 €; Soutomaior 991.836,81 €; Pazos de Borbén 715.511,41 €; e Fornelos de Montes 676.866,95 €.

O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, nestes 6 anos na comarca ascende a máis de 56,3 millóns de € (56.372.242 €).

Comarca do Salnés

Os concellos do Salnés terán á súa disposición o próximo ano 2022 máis de 14,4 millóns de euros (14.416.707,66 €), do Plan Concellos. Vilagarcía de Arousa 2.392.420,42 €; Sanxenxo 1.998.999 €; Cambados 1.640.594,15 €; O Grove
1.375.641,18 €; Vilanova de Arousa 1.315.854,28 €; Valga 972.377,02 €; Meaño 896.072,72 €; Meis 854.678,31 €; Ribadumia 838.941,87 €; A Illa de Arousa 750.741,14 €; Catoira 739.512,92 €; e Pontecesures 640.874,65 €.

O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, nestes 6 anos na comarca ascende a máis de 57,4 millóns de € (57.438.176 €).

Comarcas de Deza e Terra de Montes

Os concellos de Deza e Terra de Montes terán a súa disposición o próximo ano 2022 máis de 11,2 millóns de euros (11.241.250,81 €) do Plan Concellos. A Estrada 2.665.724,46 €; Lalín 2.611.449,77 €; Silleda 1.397.473,15 €; Vila de Cruces 1.149.912,17 €; Forcarei 972.506,43 €; Rodeiro 904.853,61 €; Agolada 900.034,97 €; e Dozón 639.296,25 €.

O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, nestes 6 anos na comarca ascende a máis de 45 millóns de € (45.448.937 €).

Comarca do Baixo Miño

Os concellos da comarca do Baixo Miño terán á súa disposición o próximo ano 2022 máis de 7,1 millóns de euros (7.117.370,07 €) do Plan Concellos. Tomiño 2.133.541,31 €; Tui 1.813.943,20 €; A Guarda 1.359.945,46 €; O Rosal
1.011.438,85 € e Oia 798.501,25 €. O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, nestes 6 anos na comarca ascende a máis de 28 millóns de € (28.012.462 €).

Comarca do Morrazo

Os concellos do Morrazo terán á súa disposición no 2022 máis de 5 millóns de euros (5.082.318,69 €) do Plan Concellos. Cangas 1.926.326,19 €; Moaña 1.730.843,88 €; e Bueu 1.425.148,62 €.

O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, nestes 6 anos na comarca ascende a máis de 20,2 millóns de € (20.208.827 €).

Comarcas do Condado e da Paradanta

Os concellos do Condado e A Paradanta terán á súa disposición o próximo ano 2022 preto de 9 millóns de euros (8.845.636,42 €) do Plan Concellos. Ponteareas 1.986.044,76 €; Salvaterra de Miño 1.346.490,24 €; A Cañiza 966.355,18 €; As Neves 946.342,33 €; Mondariz 902.150,59 €; Covelo 798.847,64 €; Arbo 750.982,15 €; Crecente 692.025,11 € e Mondariz-Balneario 456.398,42 €.

O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, estes 6 anos na comarca ascende a preto de 35 millóns de € (35.037.173 €).

También te puede interesar