RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta activa o ‘Plan Invernal’ na provincia de Pontevedra

Estará operativo ata o 30 de abril

PLan invernal

A Xunta vén de activar o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra O mesmo conta cun dispositivo de 89 profesionais, 385 toneladas de fundentes e 6 centros operativos que garantirán a seguridade viaria.

O plan, que botará a andar o luns, día 15, e se prolongará ata o 30 de abril, tamén mobiliza un dispositivo de 43 máquinas, como camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal e estendedores de salmoira. Estes recursos permitirán a atención e o mantemento dos preto de 1.300 km de estradas autonómicas na provincia para acadar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa.

Ata o 30 de abril

O Goberno galego vén desenvolvendo todos os anos o Plan de Vialidade Invernal mediante o despregue de medios materiais e humanos para facilitar a mobilidade en máis de 5.500 km de estradas da súa titularidade.

No conxunto de Galicia son, en total, 26 os centros operativos e 387 os profesionais que velarán pola seguridade das estradas autonómicas. Ademais, mobilízanse preto de 5.300 toneladas de fundentes. O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de circulación na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo ou a aparición de neve.

También te puede interesar