Galicia

O Rosal, un dos primeiros concellos da provincia en aprobar os orzamentos para 2022

O Pleno ratificará as contas este xoves, día 11

O Concello do Rosal será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar as súas contas para o vindeiro ano. O pleno ratificará este xoves 11 de novembro (20.30 h, salón de plenos do Concello) un orzamento para 2022 de case 4,8 millóns de euros.

«A boa planificación e o bo funcionamento do Concello é o que nos permite aprobar xa uns orzamentos para o 2022 cos que facer fronte a un novo exercicio cheo de proxectos transformadores, como a Praza do Calvario», sinala a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández Callís.

Praza do Calvario, estrada Tabagón, cultura ou inclusión

O Rosal afronta o vindeiro ano con novos retos: xunto á Praza do Calvario, que recibiu recentemento o recoñecemento á súa calidade coa subvención da redacción do proxecto polo Plan Ágora da Deputación e o financiamento pola súa seguridade a través do ReacPon con 517.000 euros, tamén se vai a levar a cabo a ampliación do Mercado e a transformación da estrada Tabagón-As Eiras-Goián, entre outros.

Serán uns orzamentos «que recollen as necesidades de gastos estruturais e servizos con melloras para responder á realidade do Concello» no que se manterá por exemplo a aposta polas actividades culturais, festivas e deportivas, continuando coa liña do exercicio anterior, «coa capacidade de adaptación en todo momento ás circunstancias da realidade sanitaria e levando a actividade ás diferentes xudarías e barrios».

As contas para 2022 tamén dan continuidade ao traballo iniciado este ano no camiño da inclusión con programas como ‘Cocreando Sociedade’, facilitando así alicerces para traballar actividades dende a perspectiva integral da inclusión.

Por primeira vez, estes orzamentos contemplan unha liña específica de igualdade que xurde do compromiso do Goberno local por xerar unha actividade transversal que atenda a este obxectivo social de vital importancia, consolidando o programa ‘Revolucionando Mentes’ e as actividades que se desenvolven ao seu abeiro. Ademais, tamén se manterá a colaboración coas traídas de augas, mantendo o financiamento das analíticas das traídas veciñais iniciadas no actual exercicio, así como as subvencións para investimento nas mesmas.

Tecido asociativo, emprego, deportes e educación

Por outra banda, o presuposto municipal consolida o apoio ao tecido asociativo «como un dos motores do dinamismo social do Concello no eido cultural, deportivo, social e educativo». «Despois dun ano atípico no que as asociacións atravesaron tantas dificultades, tamén en cuestións de financiamento, non podiamos deixar de colaborar con elas e de continuar cun apoio e colaboración que foi fundamental durante a pandemia«, recalca a rexedora.

No ámbito da promoción económica e do desenvolvemento de emprego o Concello está a traballar tamén cos organismos supramunicipais para tentar desenvolver algunha actividade formativa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.