Destacados Vigo al minuto

O Naval volve ás rúas de Vigo para evitar a desaparición de 17.000 empregos

O martes, día 23, ás 19:00h.

Manifestación Naval

A Unión Comarcal da CIG de Vigo e a federación de Industria convocan unha manifestación en defensa
do sector naval o vindeiro martes martes 23 de novembro
, ao tempo que fan un chamamento a loitar
polo futuro da bisbarra.

A marcha a pé arrincará dende A Dobrada ás 19:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta, en Concepción Arenal.

Na central sindical lembran que o naval é un sector estratéxico para Galiza e fundamental na comarca de Vigo; un sector que dende finais do século XIX, xeración tras xeración, empregou a milleiros de persoas traballadoras “porque os estaleiros son verdadeiros polígonos industriais que xeran postos de traballo e riqueza”.

Xa se perderon 5.900 postos de traballo

Mais dende hai anos esta industria atravesa unha profunda crise que a fixo perder 5.900 empregos, aos que hai que sumar os postos de traballo indirectos, que ascenden a máis de 17.000. Na actualidade esta crise ameaza mesmo con facer desaparecer o sector, coa agonía” de Vulcano, co Porto de Vigo dándolle “a estocada final”; ao que se engade a escasa actividade de Metalships e o abandono de Barreras, tanto pola Administración central como pola autonómica, “relegando así a Galiza como líder na construción naval do Estado español”.

Intervención pública

Por iso na CIG consideran que as Administracións teñen que intervir decididamente como única solución para manter este sector chave para a comarca de Vigo e para o conxunto da economía do país. “Hai que poñer en marcha a Mesa do Naval para a Ría de Vigo na que abordar as solucións reais que aseguren a continuidade da actividade e do emprego no sector”.

Garantir a continuidade de Barreras e recuperar Vulcano

Apostan por garantir a continuidade de Barreras como estaleiro punteiro a través do proceso de retorno ao sector público. E no caso da antiga Vulcano, recuperar a actividade nas instalacións mantendo a concesión actual do Porto de Vigo para a construción e reparación naval.

Así mesmo, reclaman a conformación dun holding entre os distintos estaleiros, empresas auxiliares e compañías
transformadoras
do metal na Ría de Vigo, con participación pública e privada, para proxectos conxuntos como centrais de compras comúns, deseño, etc. Así como a diversificación da oferta para aumentar a carga de traballo con contratos firmes para construír e garantir o financiamento para desenvolver os proxectos. “Ademais de afondar na formación dos traballadores/as e na creación de condicións laborais dignas que garantan a continuidade dos postos
de traballo para recuperar os profesionais emigrados”

También te puede interesar