RGPD - Cookies
Cultura

‘Aporía Escénica’ volve ao escenario de Gondomar esta fin de semana

Coa obra ‘Soga e Sinsa’

Regresa o teatro a Gondomar dentro da súa programación “Gondocultura outono”. Este sábado 6 de novembro, a partir das 21.30 horas, o Auditorio Municipal Lois Tobío, acollerá a representación da obra “Soga e Sinsa”, da compañía Aporía Escénica.

O público poderá gozar da representación dun trítptico renacentista para 11 bruxas que se desenvolve en 101 minutos. Nel abórdase a caza de bruxas que se produciu en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co fin de visibilizar o xenocidio que supuxo naquel momento, e a conexión directa que ten co desenvolvemento do sistema capitalista nas sociedades.

Horror, Humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais de “Soga e Sinsa”, este esconxuro teatral que se representará en Gondomar esta fin de semana.

Máis información entrando en: https://taquilla.concellodegondomar.com.

También te puede interesar