Destacados Vigo al minuto

Denuncian un contrato de 50 millóns para derivar pacientes da área de Vigo a hospitais privados

O BNG advirte de que a Xunta xa paga 160 millóns anuais á sanidade privada na área viguesa

Tres personas heridas en un choque frontal en Vigo

O Bloque Nacionalista Galego denunciou este mércores outro paso na privatización da sanidade na área sanitaria de Vigo, como «consecuencia das políticas da Xunta gobernada polo PP». A deputada no Parlamento galego, Montse Prado, alertou en rolda de prensa dun novo contrato millonario que vén de licitar o Sergas para derivar pacientes da sanidade pública á privada co fin de rebaixar as listas de espera.

Preto de 50 millóns de euros

“O obxectivo do PP é deixar unha sanidade pública esnaquizada, en mans de multinacionais de fóra de Galicia», criticou Prado, que esixiu que “o PP deixe de actuar como comercial destas empresas privadas e de intentar normalizar este traslado constante de cartos”.

A deputada nacionalista informou de que o contrato ascende a 49,5 millóns de euros para os próximos cinco anos que, sumados aos xa en vigor, son un total de 160 millóns cada curso que se “detraen da pública para entregar á privada” na área de Vigo.

Para Prado este novo contrato é un “auténtico escándalo”, pois recordou que hospitais privados como Povisa xa teñen listas de agarda de pacientes derivados da sanidade pública, unhas 2.700 persoas segundo os últimos datos, que a Xunta non lle esixe rebaixar. Considerou así que unha vez máis o PP utiliza a área sanitaria de Vigo como “auténtico banco de probas” na súa folla de ruta para recortar e privatizar a sanidade pública en Galicia.

Máis de 500.000 persoas

A deputada do BNG advertiu de graves deficiencias que afectan actualmente a esta área sanitaria con máis de medio millón de pacientes de 26 concellos. Denunciou as longas demoras para procesos e tratamentos tan importantes como a rehabilitación de doentes de ictus, para a atención en saúde mental, en citas de xinecoloxía e de oncoloxía.

Por estes motivos, Prado anunciou que o Bloque presentará emendas aos orzamentos da Xunta presentados polo PP para 2022 para esixir unha rectificación nestas políticas sanitarias, cuxas partidas incrementan só un 0,03% a respecto do presente ano. En particular, subliñou que a Atención Primaria é unha das máis damnificadas, con 2 millóns de euros menos, malia estar “en situación de colapso e endémica falta de profesionais”.

Como exemplo desta política de recortes na Atención Primaria, sinalou a recente inauguración do centro de saúde de Bouzas como “unha burla á veciñanza” por abrir con só tres profesionais e unha soa consulta de medicina de familia e enfermería.

“Se algo ensinou a pandemia é a necesidade de ter un sistema sanitario público, vertebrado, con recursos, con profesionais suficientes para atender as necesidades de saúde e salvar vidas”, demandou Prado, que recordou os avisos do Consello de Contas sobre este tipo de concertos coa privada, pola falta de mecanismos de control da calidade asistencial e porque se están a converter en estruturais e non nunha resposta puntual.

Unha grave ameaza para a saúde

Na rolda de prensa interveu tamén o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que destacou na mesma liña que “as graves deficiencias que se seguen a producir na atención sanitaria da área de Vigo son consecuencia directa das políticas de recorte e privatización” que aplica a Xunta.

“A papeleta do PP debe levar nas vindeiras eleccións unha advertencia semellante a dos cartóns de tabaco, sinalando que as políticas sanitarias da dereita supoñen un grave risco para a saúde”, ironizou Igrexas, que criticou que o partido de “Núñez Feixóo e de Marta Fernández-Tapias, lonxe de rectificar e de atender o clamor social masivo e dos e das profesionais sanitarias, insista nas súas políticas”.

Derivación de ciruxías a clínicas privadas

En relación as denuncias das últimas semanas pola derivación de intervencións cirúrxicas a clínicas privadas e do incremento “gravísimo” das listas de agarda, o portavoz municipal do Bloque en Vigo responsabilizou o Sergas e a Consellaría de Sanidade cuxas decisións “supoñen unha grave ameaza para a saúde de toda a área sanitaria de Vigo”.

Nese sentido, Igrexas trasladou o compromiso do BNG para esixir unha sanidade 100% pública, universal e de calidade fronte as contas da Xunta para o próximo ano que “o único que garanten é seguir a cebar con diñeiro público as grandes empresas privadas detrás do Hospital Álvaro Cunqueiro e de Povisa”.                                                     

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.