Vigo al minuto

Quinta sentencia en contra do Concello de Vigo pola financiación das Escolas Infantís

O TSXG desestima o último recurso presentado polo Concello vigués

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de  dar a razón á Xunta na que supón a quinta sentenza favorable ao modelo de cofinanciamento das escolas infantís e centros de día en Vigo dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.  

Este fallo avala, unha vez máis, a fórmula de cooperación en vigor e desestima o último recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello vigués contra as liquidacións do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar correspondentes á primeira metade do curso 2019-2020 nas escolas infantís de Valadares e da rúa Palencia. 

«O alcalde quere desentenderse dun servizo social básico»

Unha nova sentenza que, en opinión da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, deixa en evidencia as pretensións do alcalde vigués de desentenderse dun servizo social básico, privando a día de hoxe a 200 familias viguesas de beneficiarse da gratuidade de 0 a 3 anos que ofrece o Goberno galego para segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís.

«Cinco sentenzas en contra parecen suficientes para que a Administración Local deixe de presentar recursos sen perspectivas éxito e asuma as súas competencias na materia», indicou a representante autonómica. Neste contexto, convidou ao alcalde a regularizar canto antes o pago pendente ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para que unhas 400 familias podan o ano que vén acollerse a esta medida que se estenderá desde o primeiro fillo.  

Cooperación entre administracións

Segundo recolle o alto tribunal, as liquidacións xiradas polo ente autonómico non incorren nas causas de nulidade alegadas polo Concello de Vigo, «toda vez que se trata de asumir o financiamento duns servizos atribuídos pola lexislación autonómica aos entes locais e para cuxa prestación optouse por fórmulas de cooperación» entre administracións.

A resolución sinala que se trata dun servizo de carácter social, en ningún caso educativo como argumenta o Concello de Vigo no seu recurso, cuxa xestión asumiu o Consorcio a instancias da propia Administración local. Segundo indica, «en Galicia a atribución aos municipios da prestación dos servizos sociais resulta clara».

O TSXG rexeita tamén que se infrinxa a normativa estatal de réxime local sobre distribución de competencias e a normativa autonómica sectorial reguladora dos servizos sociais, segundo expón o Concello vigués no seu recurso. Esta negativa apóiase en sentenzas do Tribunal Constitucional que deixan claro que «debe excluírse a interpretación de que os municipios solo poden obter competencias propias nas materias enumeradas na Lei de Bases de Réxime Local […], pois semellante prohibición, indiscriminada e xeral, sería manifestamente invasiva das competencias das comunidades autónomas».  

Cómpre lembrar que o modelo de financiamento do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está vixente desde o ano 2017, foi avalado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e é de aplicación en todos os concellos que o integran.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.